Ola amigos !!!:
Vou a contar como é un dos meus días:
Primeiro levántome, logo tomo leite con galletas ou chocolate, logo fago todas as tarefas que me envía Almudena (aínda que case sempre me leva polo menos unha hora, porque a miña nai di que me distrae o voo dunha mosca, aínda que creo que non é certo), unha vez traballado, toco a guitarra, teoría da música e xogo ao baloncesto ou outros deportes, e así, pasa toda a tarde voando, pola noite ducha, ceo cedo, vexo un pouco a TV, cepillo os dentes e vou durmir.
Saúdos Irene
Ningún comentario:
Publicar un comentario