domingo, 14 de febreiro de 2021

14 de febreiro.



 Hoxe é un día especial, día de San Valentín, o día do do Amor e da Amizade.

                      Temos uns debuxos preciosos das nosas nenas e nenos artistas.









Mostramos unha selección de libros para ler este día.





Entroido 2021


 Este ano seguimos participando na mostra de entroidos  tradicionais de Galicia que celebramos conxuntamente todos os cursos  con outros centros da nosa contorna. Por mor da pandemia que estamos a vivir as celebracións non poideron ser presenciais, pero non por iso íamos deixar de celebrar, xa sabedes que no cole de Lamas gústannos moito as festas.

Ese ano tocóulle ao Entroido de Arcos, Mazaricos, e en 6º A fixemos uns sombreiros chulísimos que xa amosamos nun video noutra entrada.

Podedes visionar a xornada enteira no seguinte enlace, donde se ven tódalas actividades que fixemos en tódolos coles.

O video é moi longo, pero si queredes ver o que fixemos en Lamas , vai desde o minuto 18 ata o 30 máis ou menos.


E onte aproveitamos para disfrazarnos na clase, quedamos súper chulis.
























Aos profes tamén nos gustan as festas...







Pero non por eso deixamos de seguir aprendendo....






11 de febreiro. Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 Este xoves participamos nun evento organizado por Talentia Summit, , donde 50 centros e 5000 alumnos de toda Galicia visionamos unha charla en streamming, sobre o papel da Muller nas Ciencias.

"AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO".

Gustóunos moitísimo, tanto que este mes ímolo adicar ao estudo e coñecemento de Mulleres que tiveron un papel relevante no ámbito científico.

A charla podémola volver a ver neste enlace.


Ademais regaláronnos un caderno que imos utilizar para moitos traballos. Se cadra desta xornada sae algunha científica famosa...penso que en 6º A, potencial temos bastante!





Se queredes seguir traballando no tema, no seguinte enla ce tendes moitísimo material : puzzles, xogos de oca, pasapalabras....


https://11defebrero.org/2019/09/06/materiales-singulares/

mércores, 3 de febreiro de 2021

30 Xaneiro, día da Paz

 "Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

- Mahatma Ghandi -


O 30 de xaneiro celébrase este día dedicado a conmemorar a cultura da non violencia e a paz nos centros educativos.

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a harmonía, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. O Día da Paz, os centros educativos comprometémonos como defensores da paz e do entendemento entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar.

Ese día é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

No noso cole este ano celebrámolo  pintando cada clase un anaquiño dunha obra do artista ourensán Baldomero Moreiras, co que logo decoramos o mural da entrada do colexio.

 Este foi o resultado:





Día da Radio

 A RADIO É MÁXICA

Celebramos o 13 de febreiro, a proposta da UNESCO, o "Día Mundial da Radio", un medio de comunicación que algúns describen en crise. Este día foi unha oportunidade, segundo a propia UNESCO, para que o mundo celebrase os beneficios da radio ao longo da historia e o seu impacto nas nosas vidas.


Pero quen dixo que a radio non está de moda? É certo que estamos nunha sociedade da imaxe, do visual. Está demostrado que nas redes sociais, unha entrada sen foto é unha entrada "morta", condenada ao fracaso. Por outra banda, atopamos xente nova que non escoita a radio, escoita música, pero non sabe o que é a radio.


 A radio é imaxinación, a radio é ilusión, a radio é maxia. E diso en 6º A sabemos moito.


No noso Cole estase a implantar como unha ferramenta educativa, divulgativa e visible. Educativo, para aprender cunha ferramenta motivadora, creativa e divertida, baseada nos criterios de avaliación ou no interese dos alumnos. Informativo, xa que nos ofrece a posibilidade de fomentar a escoita e o pensamento crítico, ensínanos a discernir entre cada boletín, a pensar e analizar a información. E tamén ofrece un xeito diferente de traballar, de forma cooperativa e / ou colaborativa, investigando e producindo produtos radiofónicos que poden servir como instrumentos de avaliación.

Neste día recibimos unha charla do famoso xornalista da Radio Galega: Xosé Luis López Vila, que nos falou do máis básico que temos que coñecer para facer un bó programa radiofónico.

Moitas Grazas!!


Despedida a un gran Director.

 O noso Director Pepe marcha, pon fin a unha gran carreira profesional, xubílase, eso non quere dicir que non teña grandes proxectos, comeza unha nova etapa na súa vida.

Por eso , e como na nosa clase temos experiencia na radio, entre todos preparamos unha entrevista, seleccionamos as preguntas que lle imos facer, e logo  as "locutoras".Ánxela e Daniela G, foron as escollidas e lle fixeron unha entrevista moi interesante.

Ata sempre Pepe!! Grazas pola túa dedicación ao ensino público todos estes anos!!


Temos toda a entrevista no blog da radio lamas ou no seguinte enlace: