xoves, 17 de setembro de 2020


 

Ola a todos!

Despois dun curso moi raro e moi confinado, comezamos un, que vai ser estupendo, raro, pero estupendo!

Quedan por diante un montón de días nos que imos aprender moitas cousas, ímolo pasar moi ben todos xuntos, reiremos moito, xogaremos e tamén traballaremos un montón. Xa estamos en sexto!

Temos dous compañeiros novos: Sara e Román, benvidos os dous, veredes que esta clase é especial, chea de nenas e nenos especiais, alegrámonos de que estedes con nós!

A partires deste momento, comezaremos unha nova aventura, iremos colgando actividades e informacións varias neste blog.

Teremos que cambiarlle o nome, e pasar de Superdezanove a Supervinte e un.

Imos aló!!

Comeza a viaxe!!