venres, 17 de abril de 2020

16 de abril, Día da Voz



O día 16 de abril , celébrase a nivel mundial o día da voz, e con ese motivo, imos facer unhas actividades:
A primeira é tomar conciencia do importante que é o seu coidado, xa sabedes que o decimos sempre na clase, non berrar, beber a sorbiños pequenos, pero con regularidaden falar despacio, non tomar bebidas moi frías, abrigar a gorxa cando vai frío....

A voz permítenos falar, reir, chorar, berrar e...cantar!!




E a segunda, seguro que é a que máis vos gusta:  Imos aprender a canción de moda neste confinamento,  seguro que moitos xa a sabedes:"RESISTIRÉ"...e o mellor algún día si falamos ,podémola cantar todos xuntos, como tanto nos gusta.








2 comentarios: