Bos días!
Estes días que hai que quedar na casa, ante esta situación, moitos artistas están compartindo o seu talento con toda a sociedade.Para animarnos, para entreternos,para seguir creando arte e cultura e sobre todo,para facernos ver que é importante que todos agardemos na casiña a que pase esta treboada.Unidos pola frase: #euficonacasa estamos podendo ver moitos concertos, pero tamén outras iniciativas como a do artista LEANDRO LAMAS.
Seguro que todos coñecedes os debuxos de Leandro, dos moitísimos libros que ten ilustrado, das súas láminas ou polos seus cadros. Ten un estilo moi recoñecible.
O primeiro día do confinamento publicou no seu Facebook un titorial para ensinarnos a pintar coma él, para facernos pasar unha tarde agradable e para animarnos a ficar na casa estes días.
Dende aquela, xa publicou máis, pero nós imos co primeiro.
Atreveste a facer un debuxo como o auténtico LEANDRO LAMAS?
1.Dividimos o papel en catro cadrados.
Son liñas auxiliares, así que pintámolas suaviño que despois hai que borralas.2.Debuxa un rectángulo na metade inferior. Fixate que está centrado respecto ao eixo que divide a folla en dúas metades.
3. Copiando:
Se te fixas Leandro debuxou unha especie de semicírculo dobre na parte esquerda do rectángulo e unha especie de "montaña" na parte dereita do mesmo. Esta montaña, divide o rectángulo da dereita pola metade.
4.Tranqui imos por partes!!
-Debuxamos un círculo no cuadrante superior esquerdo ( será a cabeza deste humano) e un triángulo dentro da "montaña" do debuxo anterior ( son as pernas). Se te fixas, á dereita da montaña hai un rectángulo pequeniño que será a perna dereita.-Pintamos un rectángulo ao redor do "rectángulo guía" e as patas deste sofá.
-Debuxamos un trapecio no cuadrante inferior esquerdo e un rectángulo no cuadrante inferior da dereita.
5.ORELLA,MESA,BRAZO,PÉ.
-Comeza a debuxar a cara facendo a orella e o pelo do humano.Segur debuxando un BRAZO e o PÉ dereito.-Completa a MESA da dereita. Fíxate que hai tres liñas horizontais ( dúas arriba e unha abaixo) e dúas verticais a cada lado.
Fíxate no círculo que fixo Leandro no centro do debuxo.Que será?
6.CARA,LIBRO e GATO:
-Seguimos coa cara debuxando un ollo, o nariz e o que queiras no pelo.-Comezamos a debuxar un LIBRO na man, e as follas da planta ( abaixo á esquerda).
-Resulta que o do centro do debuxo é un GATO.Debúxalle a cabeza e as orellas tí tamén.
7.CARA;ROUPA e GATO:
-Seguimos completando a cara ( cellas, ollo, labios, colorete...).-Tamén a cara do GATO ( ollos, nariz, fuciño...).Non esquezas facerlle a cola.
-Vai pensando como será a roupa da túa humana.Leandro fíxolle un xersey con raias a xogo cos calcetíns.
8.PELO e PLANTA:
-Continuamos engadindo detalles no pelo da rapaza.Na PLANTA pintamos dous tallos e para facer unhas flotrs no próximo debuxo.
-Fíxate que Leandro pintou tamén unha liña curva por detrás da rapaza e un cadrado diante do sofá. Que será?
9.FLORES:
-Como xa dixemos antes, debuxamos unhas flores nos talos que fixeramos na planta .No can, á esquerda Leandro debuxou un vaso e un pratiño.
-Detrás de todo, fixo un triángulo xigante! podes velo? Debúxao!!
10.LÁMPADA:
-Aproveita a liña uía do centro do papel para debuxar unha lámpada ben fermosa!-Podes engadirlle algún detalliño máis ao gato. Sabes que fixo Leandro?
11.DECORACIÓN:
-Podes decorar como queiras... os coxíns ( Leandro debuxuolle estrelas e flores), o vaso que hai no chan ( Leandro transformouno nunha cunca e debuxou unha culler) e o que hai na mesiña do tocadiscos ( Leandro pintou máis caixas de vinilos).
12.PLANTA:
-Mira como debuxou Leandro as follas da planta e como decorou a maceta.-Tamén apareceron dous coxíns máis. Podes velos? Debuxaos!
Ademais , pintou o vapor saíndo da taza. Que beberá a rapaza?
13.TEITO:
-Leandro decorou o teito cunhas liñas rectas.parece que a rapaza está lendo no faiado!!-Tamén decorou os novos coxíns, con círculos e máis flores. Como os vas a decorar tí?
14.Engadimos o lema: #euficonacasa.
Tamén podes poñer o título do libro que le a rapaza ou pensar que música está a escoitar. O cadrado de diante do sofá é a caixiña dun vinilo.Podes escribir nel o nome da túa cantante favorita.
15:MARCOS:
-Leandro debuxou moitos marcos pola parede.Poden ser debuxos ou fotos.Pinta neles o que queiras!!Ademáis, na parte inferior do debuxo, o artista pintou un rolo de papel hixiénico. Sabes por que??
16.COLOREA O DEBUXO E COLGAO NA FIESTRA DA TÚA CASA, QUE TODOS OS TEUS VECIÑOS SAIBAN QUE TÍ TAMÉN FICAS NA CASA ESTES DÍAS.
É a nosa responsabilidade!!!Mándame unha foto!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario