luns, 31 de decembro de 2018

Feliz ano novo!!

Os Superdezanove desexamos que teñades todos un feliz, feliz ano novo!!!!

venres, 21 de decembro de 2018

Bo Nadal!!

Os Superdezanove lles desexamos unhas felices festas, cheas de felicidade .

Hoxe tivemos un día moi especial, dimos por rematado o primeiro trimestre e  xa despedimos o ano 2018.
Rematamos os adornos do árbol, d apoia repartimos os agasallos do amigo, amiga imaxinario, fixemos a Festa con comilona e rematamos de ver a película de campeones que tanto nos gustou. Un día durísimo!!!!
Tamén tivemos a visita especial dun neno  que se chama Blas, que xa podemos dicir que é un amigo.

luns, 17 de decembro de 2018

Vai chegando o Nadal

O Nadal vai chegando á clase dos Superdezanove, xa se van vendo adorniños polo centro.
Hoxe Lino trouxo un agasallo para os compañeiros moi chulo e Nora customizou unha camiseta que está preciosa.
O resto estamos aprendendo a coser facendo uns adornos para o árbol de Nadal  feitos con feltro que están quedando ben bonitos.

Proxecto RRR

Hoxe no salón de actos tivemos unha actividade adicada a sensibilizarnos sobre o uso responsable de pilas e baterías.
No cole estamos a participar nun concurso de recollida de pilas, así que xa sabedes: a buscar pilas polas casas e traelas ao colexio !!!;

Cumple de Carla Barros

O día dous deste mes foi o cumple da nosa Carla Barros, da gusto tela de alumna e compañeira, sempre axudando aos demais e sempre cun sorriso nos beizos, segue así Carla!!!!





E de agasallo aí vai a túa canción:


martes, 20 de novembro de 2018

Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer, 25 de noviembre

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller,
25 de novembro

 



O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller ou Día Internacional da Non Violencia contra a Muller conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para o seu erradicación. A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981 en conmemoración á data na que foron asasinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa),en República Dominicana. En 1999 a xornada de reivindicación foi asumida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas invitando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública sobre o problema da violencia contra a muller.

Por que debemos eliminar a violencia contra a muller:
-A violencia contra mulleres e pícaras é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os perpetradores, e o silencio, a estigmatización e a vergonza que sofren as vítimas.
En forma xeral, a violencia maniféstase de forma física, sexual e psicolóxica e inclúe:
-Violencia por un compañeiro sentimental (violencia física, maltrato psicolóxico, violación conyugal, femicidio);
-Violencia sexual e acoso (violación, actos sexuais forzados, insinuacións sexuais non desexadas, abuso sexual infantil, matrimonio forzado, axexo, acoso callejero, acoso cibernético);
-Trata de seres humanos (escravitude, explotación sexual);
mutilación genital, e matrimonio infantil.

Para maior clarificación, a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller emitida pola Asemblea Xeral da ONU en 1993, define a violencia contra a muller como :todo acto de violencia que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou sicológico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto si prodúcense na vida pública como na vida privada.
Os efectos psicolóxicos adversos da violencia contra as mulleres e pícaras, do mesmo xeito que as consecuencias negativas para a súa saúde sexual e reproductiva, afectan ás mulleres en toda etapa das súas vidas. Por exemplo, as desventajas tempranas en materia de educación non só constitúen o obstáculo principal para alcanzar a escolarización universal e fai cumprir o dereito á educación das nenas, logo tamén lle restrinxe o acceso á educación superior á muller e limita as súas oportunidades de emprego.
Aínda que todas as mulleres, en todas partes do mundo, poden sufrir violencia de xénero, algunhas mulleres e pícaras son particularmente vulnerables, exemplo delas son as nenas e as mulleres máis maiores, as mulleres que se identifican como lesbianas, bisexuais, transgénero ou intersex, as migrantes e refuxiadas, as de pobos indígenas ou minorías étnicas, ou mulleres e nenas que viven co VIH e discapacidades, e aquelas en crises humanitarias.

Os "Superdezanove", estamos en contra da violencia de xénero, por ese motivo levamos días implicándonos nesta loita da seguinte maneira: cantando , facendo murais e slogans, e o venres imos correr









Como nos gusta moito cantar ahí van algunhas das cancións cas que andamos ultimamente.









mércores, 7 de novembro de 2018

Depende...

Adicada a Sergio vai esta canción, que cando lle preguntamos algo ás veces contesta ...DEPENDE::::
Así que Sergio...vai por tí!!


martes, 6 de novembro de 2018

MAGOSTO

Levamos unhas cantas publicacións de retraso, hoxe imos colgar unha película que fixemos coas fotos do Magosto que se celebrou o venres nos patios do cole, primeiro na clase estivemos disfrazados de persoaxes de medo, na hora do recreo baixamos ao patio e comimos castañas e despois xogamos a xogos populares galegos: sempre con castañas.
Pasámolo xenial!! os disfraces estaban super simpáticos, aínda que algún como o de Nora daba un pouco de medo e das castañas xa non temos máis que decir...uhmmmmm.

Volvemos a poñerlle a música do vídeo do ano pasado que tanto vos gustou: "O rap do Magosto"



martes, 30 de outubro de 2018

Parabéns Maruxa e Anxo!

O venres celebramos os cumpreanos de Maruxa e de Anxo, tamén o de Nurassyl, un rapaz de quinto que sabe moitos proverbios orientais e as veces ven a nosa clase a darnos bos consellos.








Maruxa a nosa chica mais alegre e reinvindicativa, sempre loitando polos seus dereitos e polos das mulleres en xeral, que ademais viña contentísima co seu agasallo de aniversario: uns zocos de cor vermello que son unha chulada!!!


E Anxo, sempre pensando nos demais e sobre todo nos que teñen algunha dificultade, para poder darlle a súa axuda.
De agasallos imos poñer as súas cancións favoritas, a de Maruxa é unha do cantante George Ezra e a de Anxo é "Qé bonito", cantada por un neno que se chama Adrián que padece autismo, un rapaz que ten detrás unha historia preciosa.
A canción que máis lle gusta a Nurassyl é Happier de Marshmello.





 

 

luns, 22 de outubro de 2018

Concurso pequeno comercio

La Federación de Comercio de A Coruña convoca el concurso Os pequenos co pequeno comercio, dirigido a niños de quinto y sexto de Primaria, que deberán presentar una redacción sobre lo que supone para ellos el comercio de su barrio.

Igual que o ano pasado, participamos e gañamos seis premios, dous en cada clase de sexto.
Da nosa clase gañaron Paula e Claudia cos seguintes relatos:

Brazalete

Brazalete é unha tenda de complementos aberta dende o ano 1989, na rúa Laverde Ruiz, esquina coa rúa do Hórreo, fronte ao Hotel Gelmirez.
Esta tenda foi a primeira en Santiago de Compostela na que vendían bolsos, colares, pulseiras e cinturóns un pouco máis modernos ca nas noutras tendas. Co tempo, foi engadindo un pouco de roupa de marcas como Riversai, Laga, Fransa…

A dona do comercio, Mari Carmen, ten moitas anécdotas interesantes que ocorreron ao longo destes anos. A que mais me gustou foi, na que o actor Juan Echanove e o presentador Wyoming foron a Brazalete a mirar complementos para unha película que grabaron xuntos en Santiago alá polo  ano 1993 “Historias de la puta mili”, e que logo mandaron a xente do equipo de grabación a mercar moitísimos complementos para a película. O canta-autor español Amancio Prada tamén foi un día pola tenda a mercar un gorro de auga para a súa parella.

Paula.



A Casa da Taberna



A Casa da Taberna era unha das dúas principais tendas que había na aldea da Susana , na parroquia de Marrozos, no concello de Santiago, que é onde vivo eu. A outra tenda que había chamábase a do Seño José, “O Pito”, ou a da “Señora Helena”.
A Casa da Taberna, como di o nome, era unha taberna e tamén un pequeno ultramariños. A maiores diso era un punto de reunión das mulleres e homes da aldea. Estaba situada nun lugar moi importante, o cruce da Susana, que é por onde pasa a estrada nacional 525 e se desvía outra estrada cara Ponte Ledesma.
Hai corenta anos tiña moita vida , pero lamentablemente hoxe en dia esta pechada. Fai poucos anos puxeron unha parrillada pero non tardou moito en pechar. É unha pena que unha casa como esta estea abandonada.
A taberna tiña un mostrador moi grande e había un sitio onde tiñan unhas pipas enormes, xa que vendían viño a granel. O nome da casa era a de Manuel Pequeno e máis a de Doña Celia, que de pequena non tiña nada. Era unha muller moi grande.
A Señora Celia ou Doñna Celia andaba sempre vestida de negro, con gafas redondas grandes e cun moño. Parecía unha muller moi mala, pero sempre lle regalaba algún caramelo ás nenas e nenos.
Aquela tenda tiña todo o necesario que se presisaba nunha casa. Habia unhas estanterías moi altas con comidas, bebidas, e uns botes de cristal que tiñan chupas e caramelos.
Nesta casa mentras que as mulleres facían a compra os homes tomaban viño.
Contáronme que a metade da aldea tiña a mesma vaixela por unha promoción que houbera cando viñera o deterxente en pó, xa que daquela non o había. A miña aboa tiña esa vaixela.
Non era un pequeno comercio de cidade pero era moi importante para a vida da aldea. Desgraciadamente as pequenas tendas da aldea foron pechando e agora para comprar calquera cousa, por pequena que sexa, temos que ir a Santiago.
A min gustariame que seguirá existindo porque, polo que me contou meu pai, debía ser un sitio que lle daba moita vida a aldea.



Claudia de la Fuente Fernández
6º A CEIP Lamas de Abade. Santiago de Compostela


Saímos na prensa en distintos xornais, ahí van os enlaces:

Noraboa a todas as gañadoras!!!

E, como temos de trato na clase dos superdezanove, cada vez que un de nos gaña un concurso, Claudia e Paula invitáronnos a unhas chuches ao resto!!!
O resto dos traballos tamén estaban xenial!! e xa sabedes, o importante é participar!!

Grazas Miguel !!

Por segunda vez veu Miguel, o Papá de Nora a facer un taller de nós na nosa clase.
Desta vez fixemos un chaveiro con forma de escaleira e outro cun monequiño, coa técnica de macramé, é bastante complicado , pero case nos saiu a todos.





MOITAS GRAZAS!!!!!

Charla de Setas

Maruxa este finde foi a unha excursión para recolleita de cogumelos.
Trouxo á clase un montón de setas das que atopou, e explicounos moi ben cada unha delas.
A mágoa foi non probar ninguna, hai unha que é como unha esponxa ( será coliflor ou Sparassis Crispa ), contóunos que o seu Pai fixo onte para a cea uns spaguettis con elas que estaban para chuparse os dedos.

Tamén Claudia fixo un traballo que nos expuxo tamén:

 Qué sorte temos nesta clase!!!!

SÚPERDEZANOVE!!!