Lembrades a actividade de esctitura creativa que fixemos o luns ??
"COMO É O MEU BARRIO"
Agora que xa podedes saír á rúa a camiñar un pouquiño estades a facer escritos de como é o sitio onde vivides, pois hoxe vou propoñer outra actividade, esta vez ten que ver con outras das artes moi importantes, ademais da escritura: a fotografía e a pintura...
Podedes facer unha fotografía dun lugar que vos guste de cerca da vosa casa, ou simplemente do que vedes dende a ventá.
Despois de facer a foto, intentaredes reproducila nun debuxo ou pintura; podedes utilizar todas as técnicas que coñecemos, pero lembrade: ocupar todo o espazo no papel, pintar os fondos e sobre todo...darlle cor, moita cor!!
Hoxe, fai un día moi anubrado, podedes esperar a outro día que haxa máis sol, así as cores serán máis luminosas, aínda que as cores dos días escuros tamén quedan moi chulas.
Por último o que queira e lle apeteza pode eviarme os tres traballos, que expoñeremos xuntos ( a escritura, o debuxo e a fotografía ).
Desta vez é un traballo máis libre...espero que vos guste!!!
Xa sabedes, que aínda que non o pareza, todos xuntos quedan chulísimos, como pasa na clase..
Animádevos!!!
Hai unha páxina que é unha pasada, si entrades podedes acceder aos museos máis importantes do mundo.
Pero tendes que ir un cada día porque senón empachades de tanta arte. É a seguinte:
Algunha vez faremos xuntos algunha visita virtual a algún dos Museos.
Podedes mirar cada día un en familia: hai museos, de todo tipo, arte moderno, fotografía , hai un en Oslo que unicamente ten arte feito por nenos,de animais, de mariposas, acuariuns ata hai outro en Berlín que é unicamente de de rás: ( https://artsandculture.google.com/partner/frogs-friends ) .
Seguro que hai algún que vos encanta , e cuestión de mirar un rato.