mércores, 31 de marzo de 2021

Educacion Vial

 Igual que en anos anteriores, estes días tivemos unha charla de "Educación Vial", esta vez, centrada no bo uso das bicicletas e patinetes...que non sempre utilizamos de maneira correcta.

Este ano por culpa da pandemia non puidemos ir ao Parque de Amio a facer prácticas, pero veu a nosa clase Carlos o noso Poli favorito a poñernos ao día das normas de circulación.

Estivemos moi atentos, e ata participamos nun concurso, a ver si temos sorte e gañamos algún premio.






Ningún comentario:

Publicar un comentario