23 de abril.
En 6º A como somos moi festeiros, aproveitamos todas as ocasións para facer algo diferente, hoxe tocounos celebrar o día do libro.
Como tivemos o taller de regueifas , cada un de nós escribiu unha que tivese que ver con este día, e a profe Carmen axudounos a darlle forma, escribiuna con pictogramas e despois cantámola entre todos.
Pensamos que sería moi bonito ir polas clases dos máis pequenos a contarlles contos, así que os que quixeron ( foi algo voluntario), pensaron nun libro chulo que lles gustaría aos pequenos, despois diseñamos uns marcapáxinas co programa canva que nos quedaron moi profesionais, e que lles levamos de agasallo.
Na hora de ler repartímonos por todo o cole e por un día fixemos de contacontos, nalgunha das clases tamén nos tiñan preparados a nós algún agasallo, chulísimo.
Foi unha experiencia que nos gustou moito, e quizáis un pouco máis adiante repetiremos.
Faltan fotos de Noel e de Iago, que esquecéronse de decirlle a profe Isabel que lles fixera algunha, unha mágoa, xa que eles tamén o fixeron xenial.
Temos tamén vídeo de Noa en plena acción.
E todos cantando as regueifas:
Pasámolo xenial!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario