2 de abril. Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
As persoas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.
En 6º A, sumámonos a esta campaña e durante toda unha xornada estivemos facendo un montón de actividades relacionadas co tema e viñemos vestidos tamén con roupa azul.
O que máis nos chama a atención na nosa clase son os problemas de comunicación que en xeral sofren estas persoas, e intentamos aprender as maneiras que existen e que podemos utilizar para achegarnos máis si se pode aos nosos compañeiros con TEA.
Como temos a Profe Carmen na nosa clase ,pedímoslle que nos dera unha charla sobre os diferentes métodos de comunicación alternativa que podemos utilizar.
Aprendemos que son os pictogramas e como os podemos utilizar, con taboeiros de comunicación, na tablet...tamén vimos como hai libros adaptados , anuncios de televisión con pictogramas e ata puxemos algunha canción tamén con pictogramas que alguén se animou a bailar.
E en relación a campaña desde ano que propón autismogalicia.org , cada un de nós buscamos a ferramenta ou obxeto co cal nos sentimos máis identificados e fixemos un video que estivo proxectado na entrada do colo durante todo o día 26. Quedou moi chulo.
Bailando!!!!! https://www.youtube.com/watch?v=DUb2i9QRiJk&t=13s
Tamén hai empresas que traballan para inclusión.
https://www.youtube.com/watch?v=e5nJsAC1Brs&t=8s
https://www.youtube.com/watch?v=nSh_KGiYjqk
Me gusta mucho. Un buen trabajo. Se nota el esfuerzo.
ResponderEliminarGrazas!!! Vindo de tí, é un alago moi grande !!
Eliminar