mércores, 31 de marzo de 2021

Campionato Nacional de Ximnasia rítmica

A mediados do mes de marzo celebróuse en Valencia o Campionato Nacional de Ximnasia Rítmica , e 6º A ( "Os Mellores ") tivemos dúas representantes: Zaira e María.

María en categoría infantil e Zaira en alevín-base, competiron en equipos rivais: Ximnasia Rítmica Compostela e Club Viravolta, alcanzando moi boas calificacións,  a pesares diso, son dúas grandes amigas e compañeiras.

Na clase seguimos todas as súas competicións, e cando se pode vémolas e emocionámonos con elas en directo.

Ánimo e a seguir alcanzando éxitos !!



Temos a actuación de Zaira, que marabilla!!!




1 comentario:

  1. Moitas grazas pola túa atención e compresión, para Zaira e unha etapa corta no cole pero intensa e moi enriquecedora, votará moito de menos os compañeiros da clase, que tan ben a acolleron desde o minuto 1.

    ResponderEliminar