24 de febreiro.
Galicia celebra o día de Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento
Galicia non se pode entender sen Rosalía de Castro e a súa obra. Rosalía naceu hai 183 anos, un día coma hoxe en 1837 e pronto se convertería nunha das figuras máis salientables da cultura galega. Poeta e novelista, Rosalía de Castro é unha das mellores escritoras da historia da literatura galega e española.
Na nosa clase homenaxeámola como se merece.
En Plástica fixemos unha reinterpretación persoal da súa imaxe, e aprendimos uns poemas que cada un escolleu, Ánxela e Noa grabaron un conto de Helena Villar na biblioteca...
Aquí tendes o resultado:
https://www.youtube.com/watch?v=TOq9JHpLWTg&t=5s
Ningún comentario:
Publicar un comentario