domingo, 6 de xuño de 2021

Galiciencia

 


Que é Galiciencia?

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia dende o 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun concurso científico cuxo público obxectivo son estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto ao público en xeral. Todos teñen a oportunidade de participar tamén en charlas, obradoiros, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renoven cada edición.




Os días 26 e 26 de maio tivemos dous talleres nos que aprendimos moito.

Temos que agradecer á organización dos talleres os materiais que nos enviaron para a aula: un microscopio con conexión USB, 6 brochas, acetatos, grafito... en fin, un kit enteiro de detectives.

O primeiro aínda que era para Secundaria fixémolo igual, tratou sobre pandemias, podedes volver a velo no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=OCGAL_TLaaU

O segundo que foi o que máis nos gustou tratou de como resolver un enigma, coma si fóramos detectives do CSI.

A profe preparou e acordonou a escena do crime....ata apereceu unha cabeza ensanguentada no chan...




Despois escoitamos a charla....podedes volver a escoitala no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=AedJpkxFo8w&t=15s


E xa despois ,tivemos que resolver o enigma: fixemos varios grupos, cada un con un "Tenente " ao mando, buscamos as pegadas nos acetatos, usando as brochas e o grafito, con moito coidado xa que manchaba moitísimo, despois tivemos que observar as manchas de sangue e as pegadas no chan.... e así pouco a pouco resolvemos o enigma.




Algúns dos profes do Cole tamén participaron na actividade.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario