domingo, 6 de xuño de 2021

"FARAÓN"

 


Na Cidade da Cultura temos unha exposición moi chula, que ben merece unha visita.

A información da exposición podedes atopala no seguinte enlace:

https://www.cidadedacultura.gal/es/evento/faraon-rey-de-egipto

Este curso por mor da pandemia, nos centros culturais non nos poden ofertar visitas guiadas para grupos escolares, por iso non poidemos ir a vela, pero como dí o refrán:

"Se a montaña non chega a Mahoma, Mahoma irá á montaña "

Igualmente poidemos facer unha visita guiada, pero virtual, conectamos catro clases do cole e en directo déronnos una charla sobre Exipto. Gustounos moito e aprendimos moitas cousas que non sabiamos.

Despois tivemos que facer unha redacción cada un, sobre o que nos explicaron, polo cal tivemos que estar moi atentos,

Iago escribiu:

"A exposición de Exipto na Cidade da Cultura está tendo moito éxito. Fai pouco á clase de 6º A déronos  unha charla por videochamada sobre este tema. A continuación vou resumir o que máis me chamou a atención:

Un dos datos que me interesou foi o da " Pedra Roseta", esta pedra proporcionou moita información sobre Exipto, e como o propio nome indica atopouse na localidade de Roseta. Agora mesto téñena os ingleses nun dos seus Museos.

En Madrid hai un templo exipcio que foi trasladado dende unha illa do río Nilo peza a peza. Este templo encontrábase en perigo de desaparición pola subida do caudal do río.

Na Cultura exipcia había moitos deuses e deusas, neles destacaba a Deusa do Gato, o Deus do Sol, Deus da Natureza...."

Estes son as fotos dalgúns dos traballos.



Recomendamos a visita, podedes ir en familia un día, é un plan ben interesante!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario