Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.
Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.
O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.
Tódolos anos no Cole temos unha xornada adicada as Regueifas, este ano veu a nosa clase Lupe Blanco, que é unha artistaza.
Ensinounos que son e como se fan as regueifas, despois cada un de nós escribiu a súa.
A profe grabóunos en vídeo, a algúns dounos moita vergoña....
O vídeo é o que segue, aínda que é bastante longo, compensa miralo ata o final, xa veredes....
https://www.youtube.com/watch?v=BR9DNDU7W8Y
Ningún comentario:
Publicar un comentario