mércores, 31 de marzo de 2021

Educacion Vial

 Igual que en anos anteriores, estes días tivemos unha charla de "Educación Vial", esta vez, centrada no bo uso das bicicletas e patinetes...que non sempre utilizamos de maneira correcta.

Este ano por culpa da pandemia non puidemos ir ao Parque de Amio a facer prácticas, pero veu a nosa clase Carlos o noso Poli favorito a poñernos ao día das normas de circulación.

Estivemos moi atentos, e ata participamos nun concurso, a ver si temos sorte e gañamos algún premio.






Campionato Nacional de Ximnasia rítmica

A mediados do mes de marzo celebróuse en Valencia o Campionato Nacional de Ximnasia Rítmica , e 6º A ( "Os Mellores ") tivemos dúas representantes: Zaira e María.

María en categoría infantil e Zaira en alevín-base, competiron en equipos rivais: Ximnasia Rítmica Compostela e Club Viravolta, alcanzando moi boas calificacións,  a pesares diso, son dúas grandes amigas e compañeiras.

Na clase seguimos todas as súas competicións, e cando se pode vémolas e emocionámonos con elas en directo.

Ánimo e a seguir alcanzando éxitos !!



Temos a actuación de Zaira, que marabilla!!!




Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

 2 de abril. Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Campaña Podo APRENDER. Podo TRABALLAR
Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020-2021 pon o foco na educación e o emprego, dous ámbitos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e conseguir a súa participación efectiva na sociedade.

As persoas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.

O CEIP Lamas de Abade celebrou por todo o alto este día.
No Cole enchemos as ventás de globos azuis que é a cor que representa o Autismo ( a cor do mar, do ceo...), e así todos aprendemos algo máis.


En 6º A, sumámonos a esta campaña e durante toda unha xornada estivemos facendo un montón de actividades relacionadas co tema e viñemos vestidos tamén con roupa azul.

O que máis nos chama a atención na nosa clase son os problemas de comunicación que en xeral sofren estas persoas, e intentamos aprender as maneiras que existen e que podemos utilizar para achegarnos máis si se pode aos nosos compañeiros con TEA.

Como temos a Profe Carmen na nosa clase ,pedímoslle que nos dera unha charla sobre os diferentes métodos de comunicación alternativa que podemos utilizar.

Aprendemos que son os pictogramas e como os podemos utilizar, con taboeiros de comunicación, na tablet...tamén vimos como hai libros adaptados , anuncios de televisión con pictogramas e ata puxemos algunha canción tamén con pictogramas que alguén se animou a bailar.

E en relación a campaña desde ano que propón autismogalicia.org , cada un de nós buscamos a ferramenta ou obxeto co cal nos sentimos máis identificados e fixemos un video que estivo proxectado na entrada do colo durante todo o día 26. Quedou moi chulo.

https://youtu.be/0K9jruMV1qs









Bailando!!!!!  https://www.youtube.com/watch?v=DUb2i9QRiJk&t=13s




Tamén hai empresas que traballan para inclusión.

https://www.youtube.com/watch?v=e5nJsAC1Brs&t=8s




Uns contos que nos gustaron moito.




https://www.youtube.com/watch?v=nSh_KGiYjqk




GRAZAS CARMEN!!!!!





domingo, 7 de marzo de 2021

Día de Rosalía

 24 de febreiro.

Galicia celebra o día de Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento

Galicia non se pode entender sen Rosalía de Castro e a súa obra. Rosalía naceu hai 183 anos, un día coma hoxe en 1837 e pronto se convertería nunha das figuras máis salientables da cultura galega. Poeta e novelista, Rosalía de Castro é unha das mellores escritoras da historia da literatura galega e española.

Na nosa clase homenaxeámola como se merece.

En Plástica fixemos unha reinterpretación persoal da súa imaxe, e aprendimos uns poemas que cada un escolleu, Ánxela e Noa grabaron un conto de Helena Villar na biblioteca...

Aquí tendes o resultado:


https://www.youtube.com/watch?v=TOq9JHpLWTg&t=5s







Aquí tendes o enlace ao Kamishibai de Rosalía contado con Ánxela e Noa.


Tamén tedes no blog de Abadiño oresultado da proposta da Bliblioteca para homenaxear a Rosalía, hai moitas caras coñecidas, olládeo ben !!