mércores, 27 de maio de 2020

MENUDO CADRO !!!

Listos para o reto da semana?
Esta semana non tedes que debuxar nada, o que tedes que facer esta semana é...
Elixir a vosa obra de arte favorita ( pode ser pintura ou escultura) e recreala! Divertido, eh!
Podedes facelo sós ou coas vosas familias. Non tedes que mercar nada, trátase de usar cousas que temos pola casa, parecido ao que facemos no entroido.
Despois, tedes que facer unha foto indicándome a obra de arte que estades representando e o nome do artista que a creou.
Eu recreei:
"The Shiner "
de Norman Rockwell de 1953, un gran ilustrador americano da metade do século XX, que debuxaba esceas cotidiás dos Estados Unidos, e os seus debuxos servían de portadas nas revistas máis prestixiosas do país ( é un dos meus artistas favoritos).


Na rede hai moitísimos exemplos:










Podedes ver no seguinte enlace algúns chulísimos de obras galegas.









Ningún comentario:

Publicar un comentario