xoves, 7 de maio de 2020

Masa de sal



Na actividade desta semana non imos debuxar, imos modelar, pero como estamos na casa utilizaremos ingredientes que teñamos nas nosas cociñas,( agora que estamos en confinamento e está tan de moda facer pan e bizcoitos) seguro que temos:
-sal.
-fariña.
-auga.
-aceite corporal.
-Maizena....

Para algunha das pastas que faremos necesitamos utilizar o forno ou a cociña, lembrade!!:
Deixade todo limpo cando rematedes e nunca o fagades sin supervisión dun adulto!!

Poñemos dous videos para que os sirvan de exemplos, aínda que hai un montón de titoriais.



Podedes facer miles de cousas , eu póñovos algúns exemplos, por si non estades moi inspirados...
Como sempre espero os vosos traballos.

 Poñede as cabeciñas e as mans a traballar!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario