mércores, 20 de maio de 2020

Experimento 1.



Como estudar a importancia de lavar os dentes

Materiais que necesitas:

Un refresco de cola.
Tres ovos crus que simularán os dentes.( a casca e o esmalte dos dentes teñen unha composición similar).
Un cepillo dental.
Auga.
Pasta dental.
Tres vasos transparentes.

Que tes que facer?

1.- Introduce o primeiro ovo nun dos vasos co refresco de cola, este será o dente 1.
2.- Colle outro dos ovos e cepillao bencoa pasta dental. Somerxeo noutro vaso con refresco de cola. Será o dente 2.
3.-^Por úlktimo, somerxe o terceiro ovo en auga.Este será o dente 3, que serviráde control deste experimento.
4.- Deixa repousaros ovos dous ou tres días procurando cambiar o refrescode cola cada 12 ou 24 horas.Pasado ese tempo, compara a cordos ovos e extrae as túas propias conclusións.

Que vas observar?

Ao comparar a cor dos ovos observarás que o que marcaches como dente 2 non se escurece tanto como o 1. Isto débese á protección producida polo cepilladocoa pasta dental antes de ser somerxido no refresco de cola. En canto ao dente 3, non se apreciará cambio de cor xa que a auga non produce ningún dano no esmalte.






Ningún comentario:

Publicar un comentario