Esta semana non tedes que debuxar nada, o que tedes que facer esta semana é...
Elixir a vosa obra de arte favorita ( pode ser pintura ou escultura) e recreala! Divertido, eh!
Podedes facelo sós ou coas vosas familias. Non tedes que mercar nada, trátase de usar cousas que temos pola casa, parecido ao que facemos no entroido.
Despois, tedes que facer unha foto indicándome a obra de arte que estades representando e o nome do artista que a creou.
Eu recreei:
"The Shiner "
de Norman Rockwell de 1953, un gran ilustrador americano da metade do século XX, que debuxaba esceas cotidiás dos Estados Unidos, e os seus debuxos servían de portadas nas revistas máis prestixiosas do país ( é un dos meus artistas favoritos).
Na rede hai moitísimos exemplos:
Podedes ver no seguinte enlace algúns chulísimos de obras galegas.
Hoxe
vouvos ensinar os meus traballos de plástica.Bueno,non todos
soamente os da pasta de sal e o collage.Coa pasta de sal fixen unha
tartaruga e unha mandrágora,que está mal pintada a propósito,xa
que o marrón é terra.E co collage fixen un campo cunha larga
herba,unhas esponxosas nubes e unha gran flor na metade.
Como non van ser todos traballos, hoxe propoño un xogo con ritmo.
Mirade o vídeo, intentade facelo xunto coas vosas familias, xa veredes que divertido é!!
Debuxos con sal e pintura Unha técnica que che encantará!
ISAAC, O OUTRO DÍA CONTÓUNOS QUE FIXERA UN TRABALLO COA SÚA IRMÁ QUE LLE GUSTARA MOITO E PROPÚXONOS A IDEA PARA FACELO NÓS. ANIMÁDEVOS!!
Con esta técnica para debuxar con sal e pinturas conseguirás que os teus debuxos adquiran relevo e sexan un aspecto super orixinal. Son perfectos para colorear ao estilo do arco da vella, con variacións de cor e son moi chulos para dar como agasallo, para colgar na habitación e sobre todo para pasalo moi ben facéndoos.
Para facer o teu propio debuxo con sal necesitarás:
Cola de contacto, cola branca.
Sal
Pintura , acuarelas ou acrílicas.
Pincel.
Cartón branco, negro ou de cor
E agora, poñemos ao traballo:
1. Usa a cola de contacto coma se fose un lapis e fai o seu debuxo no cartón. Para facelo máis sinxelo, unha opción é facer o debuxo primeiro cun lapis, intentando non presionar demasiado para que despois non se vexa.
2. Pode facer calquera debuxo que desexe, un nome ou o que máis che guste, pero ao aplicar o pegamento debes ter bastante claro o debuxo que vas facer para que non tarde moito en rematar e que a cola non se seque.
3. Unha vez que termine o seu deseño, espolvoree todo o debuxo con sal, asegurándose de que as pegadas estean ben cubertas. Agarde un pouco e elimine o exceso de sal levantando o cartón. Verás que o debuxo realizado con cola encheuse de sal e foi gravado.
4. Agora é o momento de colorealo, colle o pincel e aplícao na cor que queiras aplicar, engade un pouco de auga se ves que é moi denso e aplica a cor na parte de sal que queiras.
5. O sal absorberá a cor e tinguirase automaticamente.
6. Sigue o mesmo proceso con todas as cores que queiras aplicar ata que o debuxo sexa do teu gusto. Xa verás que bonito está! É moi orixinal!
Para inspirarte e ver o ben que queda, deixoche algunhas imaxes e vídeo desta técnica aplicada. Xenial!
Tres ovos crus que simularán os dentes.( a casca e o esmalte dos dentes teñen unha composición similar).
Un cepillo dental.
Auga.
Pasta dental.
Tres vasos transparentes.
Que tes que facer?
1.- Introduce o primeiro ovo nun dos vasos co refresco de cola, este será o dente 1.
2.- Colle outro dos ovos e cepillao bencoa pasta dental. Somerxeo noutro vaso con refresco de cola. Será o dente 2.
3.-^Por úlktimo, somerxe o terceiro ovo en auga.Este será o dente 3, que serviráde control deste experimento.
4.- Deixa repousaros ovos dous ou tres días procurando cambiar o refrescode cola cada 12 ou 24 horas.Pasado ese tempo, compara a cordos ovos e extrae as túas propias conclusións.
Que vas observar?
Ao comparar a cor dos ovos observarás que o que marcaches como dente 2 non se escurece tanto como o 1. Isto débese á protección producida polo cepilladocoa pasta dental antes de ser somerxido no refresco de cola. En canto ao dente 3, non se apreciará cambio de cor xa que a auga non produce ningún dano no esmalte.
Bo día!
Hoxe non hai traballo de plástica, moitos de vós aínda non me enviachedes os anteriores, faltan debuxos das ventás e faltan de masa de sal.
Así que esta semana rematades os traballos pendentes.
Ata mañán !!
Na actividade desta semana non imos debuxar, imos modelar, pero como estamos na casa utilizaremos ingredientes que teñamos nas nosas cociñas,( agora que estamos en confinamento e está tan de moda facer pan e bizcoitos) seguro que temos:
-sal.
-fariña.
-auga.
-aceite corporal.
-Maizena....
Para algunha das pastas que faremos necesitamos utilizar o forno ou a cociña, lembrade!!:
Deixade todo limpo cando rematedes e nunca o fagades sin supervisión dun adulto!!
Poñemos dous videos para que os sirvan de exemplos, aínda que hai un montón de titoriais.
Podedes facer miles de cousas , eu póñovos algúns exemplos, por si non estades moi inspirados...
Como sempre espero os vosos traballos.
Xa comezan a chegar os traballos dos vosos barrios. Noraboa, están xenial!!
IRENE
Esta es
mi ventana
Lo que siento al mirar
por mi ventana es felicidad y alegría puesto que todos los colores que veo
desde mi ventana son muy vivos excepto los días que llueve, porque esos días hay nubes grises y cosas
como esas pero bueno volvamos con mis ventanas normal mente bueno no normal
mente siempre veo unos árboles muy altos
y creo que también un pueblo pequeño. En mis otras 2 ventanas veo la
casa de mis primos y la de mi abuelo, bueno aunque tengo más de 3 ventanas pero
como esas 3 son las únicas a las que les saqué fotos son de las que hablo y
como ya no se que decir simple mente me voy a despedir así que
ADIOS !!!
MARTÍN
IAGO:
NOEL:
TOMÁS:
Eu vivo nunha aldea que se chama Susana, está a sete kilómetros de
Santiago, é grande porque ten moitas casas; algunhas son antiguas e
outros modernas.Eu vivo nunha casa grande que está pegada a
carretera nacional que vai a Ourense, enfrente xusto doutra que vai a
Boqueixón.Temos Unha parada de bus urbano e unha de bus escolar que
é donde eu collo o bus para ir ao cole.Temos unha farmacia, unha
xestoría, unha compra venda de coches, unha carnicería, unha
perruquería e tres restaurantes; tamén tiñamos unha gasolineira e
unha panadería pero pecharon.A pesar de ser unha aldea, temos
beirarrúas para pasear e tamén camiños rurais. A min gústame
vivir aquí, non voto de menos a cidade, porque vivo preto dela,
cando quero disfruto da cidade, pero tamén ao mesmo tempo disfruto
do campo, de vivir nunha casa para ter mascotas, poder xogar ao balón
no meu patio etc.
Todos os veciños nos coñecemos, e falamos uns cos outros.Temos unha
escola unitaria que està pechada pero as nosas avoas úsana para
facer ximnasia e manualidades, así tamén a coidan para que non se
estropee.Tamén temos unha àrea recreativa que construiron os
veciños donde hai bancos, mesas, unha fonte e un sitio para facer
churrasco ou sardiñas; a noite de San Xoàn reunímonos alí todos
para comer as sardiñas e pasar un rato entretido.Cando me levanto
polas mañàs, vexo pasar moitos coches pero tamén vexo àrbores,
escoito cantar os paxaros, os cans e moitos màis sonidos da
natureza.
A min gústame pasear cos meus pais, dar paseos en bicicleta ou
pasear a miña cadela.Na miña aldea viven moitos nenos que van ao
meu cole pero de quinto son eu só.