mércores, 25 de marzo de 2020

PUNTILLISMO



Lembrades que o último día, Daniela Arca tiña moita gana de facer un debuxo con puntos??? Pois imos ver que é eso do puntillismo.


Cal é a técnica do puntillismo?

O puntillismo é un estilo de pintura no que se usan puntos en lugar de pinceladas para facer un traballo artístico. Esta técnica consiste en usar puntos coloreados, que aplicados nunha determinada orde e cores, poden ser percibidos polo ollo humano como unha composición completa.

O puntillismo consegue, a través da secuencia de puntos, unha imaxe ou obra artística moi diferente á das pinceladas. Dita imaxe ou obxectivo final visto dende de preto, non é máis que un conxunto de puntos con certas sombras e en certas posicións, pero visto desde lonxe ou certa distancia conséguese un efecto visual impresionante.
Este estilo pictórico orixinario de Francia, nos seus inicios, tomou a natureza como referencia e inspiración para crear imaxes fermosas e sorprendentes.

O principal representante e precursor do puntillismo foi o pintor francés Georges Seurat, ademais de Paul Signac e Vincent Van Gogh. .
A obra máis famosa deste estilo é a seguinte :


Temos algún video que podedes ver para saber máis.

https://www.youtube.com/watch?v=RGz7YGixe3w
https://www.youtube.com/watch?v=k8G0TR5llk8

Propoño facer a nosa propia obra de arte puntillista, para eso imos axudarnos do seguinte titorial que nos pode servir para sacar ideas, se non tedes pinturas de témpera ou dedos, podedes facelo con rotuladores, pero buscade ben pola casa que seguro que algo tendes.
Despois podedes facerlle unha foto mandádema por correo electrónico e así podemos montar unha exposición virtual

.https://www.youtube.com/watch?v=33X59vFsqyk

Este vai ser o exercicio de plástica da semana.
Lembrade: utilizar todo o espazo da folla, pintar o fondo e facer o debuxo grande.
IMOS !!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario