martes, 17 de marzo de 2020


IMOS ORGANIZARNOS!!!


Planificar os días escolares pero na casa:

-Estableceremos un calendario e rutinas.
-Organiza o horario cos nenos , participan e poden tomar decisións.
-Selecciona as actividades que podes incluir nese horario
-Faremos o horario precioso, nunha cartolina e poñémolo nun lugar visible.
-A organización pode levarse a cabo do día, para variar as actividades e en función dos eventos que xurdan.

EXEMPLO DE ORGANIZACIÓN DUN DÍA: ( sen horas, dependerá da dinámica familiar e das horas en que os nenos e nenas se levanten)

-Erguerse.
-Almorzar.
-Aseo.
-Vestirse.
-Asamblea: reunión dos membros da familia para decidir que actividades se van a levar a cabo ), alg
unhas das actividades non serán negociables, outras estarán suxeitas a modificación.

Actividades a realizar:


-Tarefas escolares: seguir pautas e recomendacións fixadas polos profesores.
-Utilizaremos:libros do cole, libros de pasatempos,libros de verán sen rematar, fichas de internet...
-Existen moitas páxinas en internet de donde se poden sacar recursos:
      https://www.orientacionandujar.es/
      https://www.mundoprimaria.com/
      http://www.ceiploreto.es/

      http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflash.htm
      https://www.aulaplaneta.com/
      http://rejuega.com/

E moitas máis...
-Manualidades: pinturas de dedos, témperas, recortes, ceras brandas, inventos, plastilina...
-Actividade física:hai moitas páxinas e aplicacións para bailes,coreografías, e exercicio para nenos.
-Televisión/pantallas:imos a frontalo, as familias temos que seguir organizando a nosa rutina. Se temos sorte de "teletraballar" podemos facer o anterior. Se non é complicado.Aínda así, tes que organizar a casa,limpar e facer de comer.Comprender que isto é algo transitorio (oxalá), e que partimos da base de que as pantallas non son a mellor opción, hai que ser realista.Hai que tirar de pantallas e durante unhas semanas creo que non pasará nada.
Fai un acordo con eles para ver: Clan, Disney, Netflix, documentais...
pactar a que hora remata a televisión.Ten un reloxo visible para non exceder o tempo.

-POÑER A MESA!!!
-Comida.
-Película en familia.
-Lectura: momento de ler ( lembrade tedes que ler a Señorita Bubble)
-Xogos educativos en liña.
-Escoitar música e baile.Crear coreografías.
-Xogos de mesa: xogos de toda a vida! parchís, bingo, cartas, xadrez,oca, puzzles...Pode ser un reto facer un, con moitas pezas e facelo con eles.
-Momento de conexión co mundo: videochamadas coas familias, con amigos...
-Ducha.
-Cea.
-Relax, ler e durmir!!!
Seguro que podedes pensar moitas máis cousas. Animádevos todos!!

VARIAS ACTIVIDADES

-Xogar con disfraces.
-Cociñar:facer unha torta sinxela, galletas, bizcoitos...
-Colaborar coas tarefas do fogar.
-Pasatempos.
-Ginkanas na casa.
-Busca o tesouro na casa.
-Fai teatro.
-Pintar a cara.
-Manualidades con materiais reciclados . En pinterest hai miles de ideas para todo.
-papiroflexia.
-Facer brazaletes, con pasta, contas, pompóns de lá...
-Debuxar moito e en papéis grandes.
Manter o contacto cos compañeiros de clase, por teléfono ou Whatsap...


TEMOS QUE TER AS CABEZAS OCUPADAS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario