domingo, 15 de marzo de 2020

OLA DE NOVO!!!! Estamos aquí!!



Tiña gana de volver co blog este curso , pero por unha cousa ou outra foi quedando.

Imos a aproveitar estes días de illamento polo COVID-19 e voltamos!!

Quero que sexa un lugar de encontro entre todos os que formamos esta clase de 5ºA  ( "A mellor"), as nosas familias e todo aquel que queira ver o que facemos na aula.

Por este canal penso mandar información de cousas que nos podan resultar de interese para seguir traballando e ocupando este tempo que imos ter durante estes días que temos que quedar na casiña.

Así que , estade ben atentos que mañá luns 16 voltaremos con novas, e tamén iremos colgando como  os prometín  na clase as actividades que realizamos no que vai de curso.

Ata Mañá!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario