sábado, 21 de marzo de 2020

Calcetíns desparellados




"DECIDIMOS "





O 19 de decembro de 2011, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas ( ONU ) instituíu o 21  de marzo como Día Mundial Do Síndrome de Down e desde esa data propón recordar os dereitos das persoas con trisomía 21. Este ano, o lema é: "Decidimos ".
O lema refírese a: "déixame, quero ver ata onde podo chegar, déixame probar, cometer erros, emocionarme e sorprenderme coma calquera outro, non me limites".
Cada vez máis , as persoas con síndrome de Dow  son máis autónomas.Ao crear e vivir os seus propios proxectos de vida, gañan unha participación activa na sociedade. O apoio das familias e o apoio psicopedagóxico  profesional son esenciais para as súas accións autónomas. E a conciencia pública tamén é importante.
Calcetíns desparellados para concienciar e apostar pola inclusión neste día, é a iniciativa a que un ano máis s sumámonos.



Aí tedes os pés da Profe no día de hoxe, e como está dodo un pouco virado do revés, os pés tamén están patas para arriba.
Anímovos a que vos sumedes a esta iniciativa!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario