luns, 30 de marzo de 2020

Un día de Iago



Ola Compañeiros!!!!  Como estades??

Espero ben.Estes días de corentena, fixen un calendario e é moi divertido. Ben, vou dicirvos o horario:
Primeiro nos levantamos, almorzamos, cepillamos os dentes, vestímonos, lemos e logo facemos os deberes.
 Ás 13,saímos á terraza para tomar o vermú, despois comemos, despois baixamos ao soto e xogamos coa consola de xogos, exercitamos na cinta de correr, volvemos fóra para xogar un pouco máis, e logo xogamos ao parchís e a outros xogos de mesa. 
E por último, vemos unha película familiar mentres ceamos, e para cama.
Gústavos o noso horario? Porque creo que non está nada mal.













"Os Puntillistas de 5ºA"

Estamos emocionados!!!

Xa empezan a chegar traballos para a nosa exposición virtual.

NORABOA!!!! Son todos preciosos!!!



















venres, 27 de marzo de 2020

Reto 1- Rutina de Zaira

Reto 1. 

Zaira nos manda a súa rutina diaria.

A mañán:
Primeiro levántome, despois almorzo, lavo o rostro e os dentes, me visto, fago a cama, fago os deberes, leo, escribo un correo electrónico a Almudena.


Ao mediodía:
Poño a mesa, como,recollo a cociña, cepillo os dentes, xogo ao parchís con mamá e meu irmán, pinto e ao redor das 17:00 empezo a adestrarme e remato ás 19:00, me ducho e ás 20:00 saímos á fiestra, cantamos, aplaudimos e falamos un pouco cos veciños.


A Noitiña:
Ceamos, cepillo os dentes, vemos un pouco de tele e imos durmir.

mércores, 25 de marzo de 2020

PUNTILLISMO



Lembrades que o último día, Daniela Arca tiña moita gana de facer un debuxo con puntos??? Pois imos ver que é eso do puntillismo.


Cal é a técnica do puntillismo?

O puntillismo é un estilo de pintura no que se usan puntos en lugar de pinceladas para facer un traballo artístico. Esta técnica consiste en usar puntos coloreados, que aplicados nunha determinada orde e cores, poden ser percibidos polo ollo humano como unha composición completa.

O puntillismo consegue, a través da secuencia de puntos, unha imaxe ou obra artística moi diferente á das pinceladas. Dita imaxe ou obxectivo final visto dende de preto, non é máis que un conxunto de puntos con certas sombras e en certas posicións, pero visto desde lonxe ou certa distancia conséguese un efecto visual impresionante.
Este estilo pictórico orixinario de Francia, nos seus inicios, tomou a natureza como referencia e inspiración para crear imaxes fermosas e sorprendentes.

O principal representante e precursor do puntillismo foi o pintor francés Georges Seurat, ademais de Paul Signac e Vincent Van Gogh. .
A obra máis famosa deste estilo é a seguinte :


Temos algún video que podedes ver para saber máis.

https://www.youtube.com/watch?v=RGz7YGixe3w
https://www.youtube.com/watch?v=k8G0TR5llk8

Propoño facer a nosa propia obra de arte puntillista, para eso imos axudarnos do seguinte titorial que nos pode servir para sacar ideas, se non tedes pinturas de témpera ou dedos, podedes facelo con rotuladores, pero buscade ben pola casa que seguro que algo tendes.
Despois podedes facerlle unha foto mandádema por correo electrónico e así podemos montar unha exposición virtual

.https://www.youtube.com/watch?v=33X59vFsqyk

Este vai ser o exercicio de plástica da semana.
Lembrade: utilizar todo o espazo da folla, pintar o fondo e facer o debuxo grande.
IMOS !!!!

EU FICO NA CASA

RETO Nº1

"Eu fico na casa"
 Propoño para esta semana que o  que queira ,me envie algunha foto  das cousas que facedes para pasar o tempo  e nun par de liñas me digades que é o que máis os gusta facer.
Podedes mandarme as fotos ao correo. 
Comezo eu:



martes, 24 de marzo de 2020

Libros Lengua e Lingua


Para os que non tendes os libros de Lengua e Lingua galega na casa, a editorial SM, facilitóunos o enlace para poder acceder a eles de forma on-line.

Tendes que entrar na páxina de SM: login.educamos.sm
Con poñer en google eso, xa aparece.

No usuario tedes que poñer: QUINTOLAMAS
na contrasinal: Quintolamas20SM

Así tal cual con  maiúsculas e minúsculas. Isto é solo provisional, mentras dure a alerta.


Outro problema resolto!!!! Imos pouco a pouco!!

Editorial Santillana

Bo Día!!!!
A Editorial Santillana pon a nosa disposición uns materiais que imos a utilizar con regularidade.
Non son archivos adxuntos, co cal non os podemos descargar, son enlaces a sitios web.Deben abrirse con CHROME, con EXPLORER pode ser que non abra, pinchamos  ou copiamos os enlaces e poñémolos na barra do navegador, despois gardámolos en favoritos , e cada vez que os usemos xa os temos a man.



                            

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 
  Os enlaces son os seguintes, son os mesmos que enviei por correo electrónico.
Para a semana empezaremos a utilizalos.     

5º PRIMARIA

Lengua castellana
Matemáticas

[cid:image025.jpg@01D5FEDF.6DE3DEB0]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202025253_U32_U1_U101_U2>
Cuadernos de 2º y 3er trimestre de Lengua 5º Saber Hacer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202025253_U32_U1_U101_U2>

[cid:image026.jpg@01D5FEDF.6DE3DEB0]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202015253_U32_U1_U101_U2>
Cuadernos de 2º y 3er trimestre de Matemáticas 5º Saber Hacer Contigo<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202015253_U32_U1_U101_U2>

Lingua

[cid:image027.jpg@01D5FEDF.6DE3DEB0]<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020252537_U32_U1_U101_U2>
Caderno Lingua 5 Saber Facer<https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020252537_U32_U1_U101_U2>


                                           

sábado, 21 de marzo de 2020

Reforzo


A Profe Puri, mándame uns enlaces que son moi interesantes, con moitos recursos para que utilicemos todos,pero, sobre todo os alumnos que van a súa aula.
Botádelle un ollo!!!

https://www.orientacionandujar.es/

Recursos educativos totalmente accesibles y gratuitos.

http://www.rinconmaestro.es/





http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/rato_plant01.htm

Rato Paco

     http://www.todoinclusion.com/


Chegou a Primavera

CHEGOU A PRIMAVERA!!!!

Aínda que non se note moito, a primavera xa está aquí, nus días veremos todo xa de outra maneira....
Mentres tanto,   quero que escoitedes unha canción moi alegre que hoxe me mandou unha boa amiga para animarme.
Espero que vos guste!!

https://youtu.be/CYSnFurGmt0

Resultado de imagen de delafé y las flores azules

Calcetíns desparellados




"DECIDIMOS "





O 19 de decembro de 2011, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas ( ONU ) instituíu o 21  de marzo como Día Mundial Do Síndrome de Down e desde esa data propón recordar os dereitos das persoas con trisomía 21. Este ano, o lema é: "Decidimos ".
O lema refírese a: "déixame, quero ver ata onde podo chegar, déixame probar, cometer erros, emocionarme e sorprenderme coma calquera outro, non me limites".
Cada vez máis , as persoas con síndrome de Dow  son máis autónomas.Ao crear e vivir os seus propios proxectos de vida, gañan unha participación activa na sociedade. O apoio das familias e o apoio psicopedagóxico  profesional son esenciais para as súas accións autónomas. E a conciencia pública tamén é importante.
Calcetíns desparellados para concienciar e apostar pola inclusión neste día, é a iniciativa a que un ano máis s sumámonos.



Aí tedes os pés da Profe no día de hoxe, e como está dodo un pouco virado do revés, os pés tamén están patas para arriba.
Anímovos a que vos sumedes a esta iniciativa!!!



martes, 17 de marzo de 2020

Estou aquí

Ola de novo!!
Estou mandando mails a todos os correos que tiñamos na secretaría do cole, pero falta unha persoa da que non teño o correo, co cal non me podo poñer en contacto con ela para mandarlle as tareas.
Si hai  alguén que non lle chegan, poñédevos en contacto conmigo  por ABALAR MOBIL ou por a Páxina web do cole.
Grazas!!

IMOS ORGANIZARNOS!!!


Planificar os días escolares pero na casa:

-Estableceremos un calendario e rutinas.
-Organiza o horario cos nenos , participan e poden tomar decisións.
-Selecciona as actividades que podes incluir nese horario
-Faremos o horario precioso, nunha cartolina e poñémolo nun lugar visible.
-A organización pode levarse a cabo do día, para variar as actividades e en función dos eventos que xurdan.

EXEMPLO DE ORGANIZACIÓN DUN DÍA: ( sen horas, dependerá da dinámica familiar e das horas en que os nenos e nenas se levanten)

-Erguerse.
-Almorzar.
-Aseo.
-Vestirse.
-Asamblea: reunión dos membros da familia para decidir que actividades se van a levar a cabo ), alg
unhas das actividades non serán negociables, outras estarán suxeitas a modificación.

Actividades a realizar:


-Tarefas escolares: seguir pautas e recomendacións fixadas polos profesores.
-Utilizaremos:libros do cole, libros de pasatempos,libros de verán sen rematar, fichas de internet...
-Existen moitas páxinas en internet de donde se poden sacar recursos:
      https://www.orientacionandujar.es/
      https://www.mundoprimaria.com/
      http://www.ceiploreto.es/

      http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflash.htm
      https://www.aulaplaneta.com/
      http://rejuega.com/

E moitas máis...
-Manualidades: pinturas de dedos, témperas, recortes, ceras brandas, inventos, plastilina...
-Actividade física:hai moitas páxinas e aplicacións para bailes,coreografías, e exercicio para nenos.
-Televisión/pantallas:imos a frontalo, as familias temos que seguir organizando a nosa rutina. Se temos sorte de "teletraballar" podemos facer o anterior. Se non é complicado.Aínda así, tes que organizar a casa,limpar e facer de comer.Comprender que isto é algo transitorio (oxalá), e que partimos da base de que as pantallas non son a mellor opción, hai que ser realista.Hai que tirar de pantallas e durante unhas semanas creo que non pasará nada.
Fai un acordo con eles para ver: Clan, Disney, Netflix, documentais...
pactar a que hora remata a televisión.Ten un reloxo visible para non exceder o tempo.

-POÑER A MESA!!!
-Comida.
-Película en familia.
-Lectura: momento de ler ( lembrade tedes que ler a Señorita Bubble)
-Xogos educativos en liña.
-Escoitar música e baile.Crear coreografías.
-Xogos de mesa: xogos de toda a vida! parchís, bingo, cartas, xadrez,oca, puzzles...Pode ser un reto facer un, con moitas pezas e facelo con eles.
-Momento de conexión co mundo: videochamadas coas familias, con amigos...
-Ducha.
-Cea.
-Relax, ler e durmir!!!
Seguro que podedes pensar moitas máis cousas. Animádevos todos!!

VARIAS ACTIVIDADES

-Xogar con disfraces.
-Cociñar:facer unha torta sinxela, galletas, bizcoitos...
-Colaborar coas tarefas do fogar.
-Pasatempos.
-Ginkanas na casa.
-Busca o tesouro na casa.
-Fai teatro.
-Pintar a cara.
-Manualidades con materiais reciclados . En pinterest hai miles de ideas para todo.
-papiroflexia.
-Facer brazaletes, con pasta, contas, pompóns de lá...
-Debuxar moito e en papéis grandes.
Manter o contacto cos compañeiros de clase, por teléfono ou Whatsap...


TEMOS QUE TER AS CABEZAS OCUPADAS!!!!

domingo, 15 de marzo de 2020

OLA DE NOVO!!!! Estamos aquí!!



Tiña gana de volver co blog este curso , pero por unha cousa ou outra foi quedando.

Imos a aproveitar estes días de illamento polo COVID-19 e voltamos!!

Quero que sexa un lugar de encontro entre todos os que formamos esta clase de 5ºA  ( "A mellor"), as nosas familias e todo aquel que queira ver o que facemos na aula.

Por este canal penso mandar información de cousas que nos podan resultar de interese para seguir traballando e ocupando este tempo que imos ter durante estes días que temos que quedar na casiña.

Así que , estade ben atentos que mañá luns 16 voltaremos con novas, e tamén iremos colgando como  os prometín  na clase as actividades que realizamos no que vai de curso.

Ata Mañá!!!