domingo, 6 de xuño de 2021
Enregueifámonos!!
Percusión
Na clase de música ensaiamos un exercicio de percusión , moi divertido.
Este foi o resultado:
"FARAÓN"
Na Cidade da Cultura temos unha exposición moi chula, que ben merece unha visita.
A información da exposición podedes atopala no seguinte enlace:
https://www.cidadedacultura.gal/es/evento/faraon-rey-de-egipto
Este curso por mor da pandemia, nos centros culturais non nos poden ofertar visitas guiadas para grupos escolares, por iso non poidemos ir a vela, pero como dí o refrán:
"Se a montaña non chega a Mahoma, Mahoma irá á montaña "
Igualmente poidemos facer unha visita guiada, pero virtual, conectamos catro clases do cole e en directo déronnos una charla sobre Exipto. Gustounos moito e aprendimos moitas cousas que non sabiamos.
Despois tivemos que facer unha redacción cada un, sobre o que nos explicaron, polo cal tivemos que estar moi atentos,
Iago escribiu:
"A exposición de Exipto na Cidade da Cultura está tendo moito éxito. Fai pouco á clase de 6º A déronos unha charla por videochamada sobre este tema. A continuación vou resumir o que máis me chamou a atención:
Un dos datos que me interesou foi o da " Pedra Roseta", esta pedra proporcionou moita información sobre Exipto, e como o propio nome indica atopouse na localidade de Roseta. Agora mesto téñena os ingleses nun dos seus Museos.
En Madrid hai un templo exipcio que foi trasladado dende unha illa do río Nilo peza a peza. Este templo encontrábase en perigo de desaparición pola subida do caudal do río.
Na Cultura exipcia había moitos deuses e deusas, neles destacaba a Deusa do Gato, o Deus do Sol, Deus da Natureza...."
Estes son as fotos dalgúns dos traballos.
Recomendamos a visita, podedes ir en familia un día, é un plan ben interesante!!!
Baile "Fustrado"
Por petición dos nenos, poñemos, aínda que sexa con moito retraso, un baile que me adicaron no Nadal de 2019, ( parece que foi fai séculos), unha enorme sorpresa... ensaiarono eles sós, e quedou chulísimo.
Reímonos moito cada vez que vemos o pequeniños que eran.
Este ano , houbo un intento de baile "fustrado", aínda que somos máis maiores non logramos poñernos dacordo para os ensaios, unha mágoa, xa que estaba quedando ben bonito...aínda así temos un pequeno reportaxe deses intentos.
Noraboa a Diego! menudo bailarín estás feito, e nós sin sabelo!!
Día do Medio Ambiente
Gran traballo Chicos!!!
"As Marías de 6º A"
Este ano, por alá no Entroido, Ánxela e Noa vestíronse de "As Marías", presentáronse a un concurso que fixo o Concello, e aínda que nos gañaron, a súa imaxe serviu para promocionar o cartel da Exposición das Fotografías de dito concurso.
Ademáis, como elas son tan traballadoriñas, escribiron una regueifa que presentamos dende o cole ao Enrregueifate deste ano, estou convencida que levarán algún premio seguro...non creo que haxa moitas mellores ca elas.
Noraboa Chicas!! Sodes xeniais!! Toda a clase estamos moi orgullosos de vós!
Premios de Educación Vial
Noraboa aos gañadores!!!
Galiciencia
Que é Galiciencia?
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia dende o 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun concurso científico cuxo público obxectivo son estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto ao público en xeral. Todos teñen a oportunidade de participar tamén en charlas, obradoiros, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renoven cada edición.
Os días 26 e 26 de maio tivemos dous talleres nos que aprendimos moito.
Temos que agradecer á organización dos talleres os materiais que nos enviaron para a aula: un microscopio con conexión USB, 6 brochas, acetatos, grafito... en fin, un kit enteiro de detectives.
O primeiro aínda que era para Secundaria fixémolo igual, tratou sobre pandemias, podedes volver a velo no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=OCGAL_TLaaU
O segundo que foi o que máis nos gustou tratou de como resolver un enigma, coma si fóramos detectives do CSI.
A profe preparou e acordonou a escena do crime....ata apereceu unha cabeza ensanguentada no chan...
Despois escoitamos a charla....podedes volver a escoitala no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=AedJpkxFo8w&t=15s
E xa despois ,tivemos que resolver o enigma: fixemos varios grupos, cada un con un "Tenente " ao mando, buscamos as pegadas nos acetatos, usando as brochas e o grafito, con moito coidado xa que manchaba moitísimo, despois tivemos que observar as manchas de sangue e as pegadas no chan.... e así pouco a pouco resolvemos o enigma.
Algúns dos profes do Cole tamén participaron na actividade.