mércores, 3 de febreiro de 2021

Día da Radio

 A RADIO É MÁXICA

Celebramos o 13 de febreiro, a proposta da UNESCO, o "Día Mundial da Radio", un medio de comunicación que algúns describen en crise. Este día foi unha oportunidade, segundo a propia UNESCO, para que o mundo celebrase os beneficios da radio ao longo da historia e o seu impacto nas nosas vidas.


Pero quen dixo que a radio non está de moda? É certo que estamos nunha sociedade da imaxe, do visual. Está demostrado que nas redes sociais, unha entrada sen foto é unha entrada "morta", condenada ao fracaso. Por outra banda, atopamos xente nova que non escoita a radio, escoita música, pero non sabe o que é a radio.


 A radio é imaxinación, a radio é ilusión, a radio é maxia. E diso en 6º A sabemos moito.


No noso Cole estase a implantar como unha ferramenta educativa, divulgativa e visible. Educativo, para aprender cunha ferramenta motivadora, creativa e divertida, baseada nos criterios de avaliación ou no interese dos alumnos. Informativo, xa que nos ofrece a posibilidade de fomentar a escoita e o pensamento crítico, ensínanos a discernir entre cada boletín, a pensar e analizar a información. E tamén ofrece un xeito diferente de traballar, de forma cooperativa e / ou colaborativa, investigando e producindo produtos radiofónicos que poden servir como instrumentos de avaliación.

Neste día recibimos unha charla do famoso xornalista da Radio Galega: Xosé Luis López Vila, que nos falou do máis básico que temos que coñecer para facer un bó programa radiofónico.

Moitas Grazas!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario