domingo, 14 de febreiro de 2021

11 de febreiro. Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 Este xoves participamos nun evento organizado por Talentia Summit, , donde 50 centros e 5000 alumnos de toda Galicia visionamos unha charla en streamming, sobre o papel da Muller nas Ciencias.

"AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO".

Gustóunos moitísimo, tanto que este mes ímolo adicar ao estudo e coñecemento de Mulleres que tiveron un papel relevante no ámbito científico.

A charla podémola volver a ver neste enlace.


Ademais regaláronnos un caderno que imos utilizar para moitos traballos. Se cadra desta xornada sae algunha científica famosa...penso que en 6º A, potencial temos bastante!





Se queredes seguir traballando no tema, no seguinte enla ce tendes moitísimo material : puzzles, xogos de oca, pasapalabras....


https://11defebrero.org/2019/09/06/materiales-singulares/

Ningún comentario:

Publicar un comentario