mércores, 3 de febreiro de 2021

30 Xaneiro, día da Paz

 "Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

- Mahatma Ghandi -


O 30 de xaneiro celébrase este día dedicado a conmemorar a cultura da non violencia e a paz nos centros educativos.

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a harmonía, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. O Día da Paz, os centros educativos comprometémonos como defensores da paz e do entendemento entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar.

Ese día é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

No noso cole este ano celebrámolo  pintando cada clase un anaquiño dunha obra do artista ourensán Baldomero Moreiras, co que logo decoramos o mural da entrada do colexio.

 Este foi o resultado:





Ningún comentario:

Publicar un comentario