Nestes momentos xa sabedes moito sobre a Idade Media.
Pero, polo motivo que sexa, se non fixestes os deberes de sociais, ou non lembrades, podedes ver estes vídeos:
Sabedes que eles derrotaron aos visigodos expulsándoos do territorio...inda que non a todos (xa que algúns fuxiron ao norte).
Os musulmáns asentáronse durante centos de anos no que eles chamaron Al-Andalus e trouxeron consigo moita cultura e avances; os visigodos do norte (cristiáns) foron expandíndose novamente cara o sur nun período que chamamos a Reconquista e foron repoboando os territorios con cristiáns, xudeus, mudéxares ou mozárabes.
A sociedade musulmá e cristiá tiñan moitas diferencias, sobre todo a nivel de relixión, pero tamén tiñan moitas semellanzas, sobre todo en como se organizaban as súas cidades.
Unha cidade andalusí e unha cidade cristiá medieval observase que: as dúas tiñan unha muralla que protexía o seu territorio; as dúas tiñan un lugar de culto importante (a mesquita e a catedral); as dúas tiña un lugar específico, situado estratéxicamente, para as persoas máis poderosas (o alcázar e o castelo); e nas dúas había un lugar concreto para a compra e venta de produtos (o zoco e o mercado).
Credes que en Galicia hai algunha cidade na que poidamos atopar os elementos dunha cidade medieval? Pois claro que si! En Galicia temos moitos exemplos de cidade medieval, pero quizais a máis coñecida sexa Santiago de Compostela.
E que cousas podo observar en Santiago de Compostela?
Ten muralla? Pois inda que non a vexades, en Santiago houbo unha muralla que rodeaba á cidade antiga e, hoxe en día, lugares como a Porta do Camiño e a Porta Faxeira dannos pistas de por onde estaba esta fortificación.
Ten catedral? A isto sei que sabedes darlle resposta.
Ten lugar específico para a compra e venta de produtos? Pois tamén. O mercado da Praza de Abastos segue a ser un dos lugares onde a xente da cidade merca os produtos que lle fan falta, e é considerado como un dos lugares máis visitados despois da catedral.
Ten sitios específicos para os artesáns? Na actualidade todo está mesturado, e hai moitos centros comerciais onde podes atopar de todo, pero seguro que che soan nomes como a Praza das Praterías, a rúa da Caldeirería, a praza/rúa da Acibechería ou incluso que ás persoas que son de Santiago de Compostela lle chaman “picheleiros”. Todo isto débese a que neses lugares traballábase en especial neses oficios.
E castelo? Ten Santiago de Compostela un castelo, situado nun sitio estratéxico? Pois isto tócavos averigualo.
Pista: o google é moi listo e, inda que as veces se equivoca, nesta ocasión se poñedes “castelo medieval Santiago de Compostela” estou segura de que vos dará unha boa resposta.
Podedes mirar o blog do cole do Proxecto de fai tres anos de Santiago Medieval, aí atoparemos MOITÍSIMA información:
http://santiagomedieval.blogspot.com/
https://sites.google.com/site/recursopdisantiagomedieval/home
Xogos na Idade media:
Tedes aquí un enlace para que vexades unha serie de xogos desa época.
https://www.slideshare.net/RAKEL_INF/juguetes-edad-media/26?src=clipshare
E como xa sabedes da miña debilidade pola arte, hoxe vou falar dun pintor do século XVI, un pintor holandés, que aínda hoxe está moi de actualidade, polos misterios que se podían atopar nos seus cadros.
Chámase BRUEGHEL.
A que nunca vistes un cadro cheo de refráns?, pois mirade o video seguinte:
https://www.youtube.com/watch?v=Jh_EFbmUYl8
Brueghel , ten unha obra moi interesante, que se non vos fixades, non chama a atención, pero ao mirala con detalle, vemos que está chea de rapaces xogando, ben podía ser o noso patio do cole calquera día antes da cuarentena, agora sería imposible recreala, debido as distancias de seguridade.
Chamase: " Xogo de nenos"
Estes videos que poño agora, estudan e explican a obra, miradeos ben, é moi curioso, se estivesemos na clase veríamolos xuntos e iríamolos comentando, xa o faremos á volta!!
https://www.youtube.com/watch?v=z66_hZfIqvk
https://www.youtube.com/watch?v=7rpSK051Se4
https://www.youtube.com/watch?v=uTJatblrFNg ( ata o minuto 1,54)
https://www.youtube.com/watch?v=rCuUOGvAHsM
Outro día falaremos da literatura e da arquitectura da época.
E como RETO da semana vou propoñer que fagades un castelo, a complexidade a poñedes vós, non ten que ser algo moi dificultoso, podedes aproveitar estes días que non se pode ir a praia para facelo.
( Voluntario , coma sempre)
Ningún comentario:
Publicar un comentario