sábado, 13 de xuño de 2020

I FESTA VIRTUAL 5º A




Bo día!
Hoxe non tocaba correo, pero como na videoconferencia de onte non estabamos todos, imos facer un resumo.
Onte falamos de que como xa traballáchedes moitísimo, e eu xa estou farta de poñer tarefas, esta semana ides poñerme as tarefas vós a mín e o resto dos compañeiros.
Cada día haberá un ,ou máis retos ( segundo os que me enviedes), teñen que cumprir unhas condicións:
-Que sexan divertidos, e como sempre lembrade o que vos digo na clase: as bromas son bromas si reímos todos...
-Que sexan imaxinativos: “poñede as cabeciñas a traballar”.
-Prohibido que sexan de tarefas escolares ( nin contas,nin escritura, nin estudar nada...).
-Que se poidan facer na casa,que creo que non ven moi bo tempo esta semana.
-Que se poidan facer con cousas que teñamos na casa.

Canto antes os enviedes, antes podo eu ir programándoos, ademáis si cada un de vós me manda facer algo a mín, vaime facer falta tempo...
Tamén falamos de que como non imos ter despedida , ni festa de fin de curso, e “OS MELLORES”, somos moi festeiros, imos facer :

I FESTA DE DESPEDIDA VIRTUAL DA HISTORIA DO LAMAS" 

O venres 19, na última videoconferencia do curso, gustaríame que nos poidésemos conectar todos, a ver si é posible, e entón, cada un na súa casa vai decorar o seu escritorio a modo de festa ( o que vemos na pantalla da videoconferencia), e poñeremos músicas que pensemos entre todos e aí farei os retos que me mandedes...podedes tamén preparar vós, algún truco de maxia, algún chiste...o que queirades.
Así que como é fin de semana e as mamás e os papás terán tamén máis tempo libre, podedes pedirlles axuda, para buscar ideas.
Porfi...intentade estar todos o venres, a ver si logramos conseguilo! Que vos parece si facemos a reunión ás 12, para que nos dé máis tempo a preparar o decorado??
Os retos ireinos colgando no blog, así que esta semana hai que estar moi atentos.
Calquera dúbida, escríbideme , e xa sabedes que contesto sempre o máis rápido posible.
Unha aperta enorme!

Almudena

Ningún comentario:

Publicar un comentario