mércores, 12 de xuño de 2019

Excursión fin de curso

Hoxe saímos de excursión ao Galipark, parque de aventuras en Padrón.
Pasámolo moi ben, fixemos moitas actividades diferentes, ao chegar deixamos as mochilas nunha carpa e marchamos a facer un circuíto con obstáculos e tirolinas, había  de dous tamaños, á grande podíase subir por una escada moi vertical ou por un rocódromo, por este último unicamente subiron os máis valentes...   houbo unha profe que se tirou...Quen sería??  , despois marchamos a facer tiro con arco uns, e outros a facer loitas con pistolas láser, tipo paintball pero sin bolas .
Xantamos, e xogamos un pouco, despois xa funmos a unha pista de xeo, pero sen xeo... e logo ao tobogán acuático e para terminar a piscina, logo mudamos de roupa , merendamos e para casa...
Foi un día xenial , aínda que o tempo non nos acompañou moito.
Aí van algunhas fotos, e un vídeo para que teñades todos de recordo.












             


                


Ningún comentario:

Publicar un comentario