venres, 16 de marzo de 2018

VAN GOGH

En plástica estivemos traballando o famoso pintor Van Gogh, nos ordenadores buscamos información e hoxe no exame fixemos unha copia do seu cadro "A noite estrelada"e a profe preguntounos algo da súa biografía.
Saíron verdadeiras obras de arte, noraboa chicos!! sodes uns artistas!!
Temos que perderlle o medo a debuxar, hai que animarse, todos os debuxos son chulísimos.
Aí vai un pequeno vídeo.


Hai miles de páxinas especializadas en Van Gogh; hai un blogue que está ben e é moi sinxelo .
http://rimasdecolores.blogspot.com.es/2013/04/van-gogh.html?m=1
En youtube e en pinterest podemos atopar moitos enlaces de interés.


Ningún comentario:

Publicar un comentario