sábado, 17 de marzo de 2018

Día de Rosalía

No cole celebramos o "Día de Rosalía".
 Na clase ,durante esa semana aprendemos a cantar a canción "Adios ríos , adios fontes", cada un de nós escolleu un poema de Rosalía, pasámolo a ordenador e lémolo, ademais de facer debuxos , tamén saímos ao patio e lemos un poema entre todos e cantamos .
Carla Munín e Xaquín fixeron un gran traballo sobre a poetisa e repartíronnos uns marcapáxinas a cada un , que si os uníamos facían un puzzle coa cara de Rosalía, unha chulada!!




Aproveitamos ese día para despedir a Karina que estivo de prácticas no Departamento de Orientación e fixemos con ela un Taller de Habilidades Sociais, que estivo guay...
Este é un pequeno resumo do que fixemos:





Ningún comentario:

Publicar un comentario