Debuxando con Iván Sende!!!!!
Hoxe, 3 de decembro, recibimos a interesante visita do escritor e ilustrador Iván Sende que, como o mundo é tan pequeño, é o tío de Henar, compañeira e alumna de 6ºD.
A verdade é que disfrutamos un montón e aprendemos moitas cousas grazas o seu coñecemento e tamén a curiosidade dos nenos/as facendo preguntas moi interesantes.
A obra de Iván como ilustrador é moi extensa: Usha, Lía e as zapatillas de deporte, O monstro das palabras, Sira e o robot, A formiga destemida…Como autor destaca: Bea, Advaita, Estoy aquí: La vida de Ramana Maharshi, Carabranca…
Deunos moitos ánimos e pulos para empezar ou seguir debuxando sen complexos. Descubriunos a banda deseñada con interesantes suxerencias e mesmo tivemos un Obradoiro de debuxo con nocións básicas de bocetos e proporcións.
Iván foi un invitado de honor na Radio de Lamas e para rematar agasallounos cun exemplar da súa obra Carabranca.
Moitas grazas Iván!!!
Vémonos nas bibliotecas e librarías!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario