xoves, 25 de novembro de 2021

25 de novembro


O 25 de novembro celébrase anualmente o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

 Defínese a violencia de xénero como aquela que, “como manifestación da Discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres son exercidas sobre elas por aqueles que sexan ou foron os seus cónxuxes ou por aqueles que estean ou estiveron vinculados a eles por relacións afectivas análogas, aínda sen convivencia", e inclúe calquera acto de desigualdade. violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade". 

Na clase de 6º D estivemos a traballar estas dúas últimas semanas nun taller  organizado polo Concello ,chamado "COMPIGUAL"  cuxo obxectivo é difundir e fomentar entre a infancia, a adolescencia e a mocidade escolarizada nos centros de ensino composteláns os valores positivos da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero.

O programa responde á necesidade de fomentar a educación en igualdade desde as idades máis temperás e desde a perspectiva de recoñecemento das diversidades.

Faremos outra entrada no blogue de dita actividade máis adiante.

A partires dese obradoiro, comezamos a buscar lemas para utilizar no día 25 , e despois fixemos unha montaxe de fotos que nos quedou ben chulo.





https://youtu.be/xGfbfukey94


Ningún comentario:

Publicar un comentario