martes, 30 de novembro de 2021

Almudena Grandes



 Esta semana recibimos a triste noticia do falecemento da escritora Almudena Grandes,  para min é un gran pesar, é unha das miñas escritoras favoritas, vós aínda sodes novos para ler os seus libros, pero non para comprendelos... sempre ao escribir se poñía do lado dos perdedores.

A súa primeira novela :As Idades de Lulú  (1989), obtivo un gran éxito  e foi traducida a máis de 20 idiomas. Con el, obtivo o premio Sorriso Vertical de novelas eróticas e foi convertido nun filme por Bigas Luna en 1990. A súa seguinte novela, Malena leva o nome de tango (1994), foi adaptada a unha película..

Despois de Malena, publicou varias novelas protagonizadas por mulleres, como Atlas de geografía humana (1998), ou Los aires difíciles (2002). En 2007 publicou  " El corazón helado".

Gran parte da súa novela está ambientada nos últimos anos do s. XX, e mostra a vida cotiá da España de principios de século. Tamén se interesa pola guerra civil española: En" El corazón helado" (2007) presenta o establecemento de diversas dinámicas de poder na España contemporánea. Esta ollada ao pasado está sistematizada desde Inés y la Alegría (2010), que inicia unha serie centrada no conflito bélico denominada Episodios dunha guerra interminable, continuada co lector de Julio Verne (2012), As tres vodas de Manolita (2013) e Pacientes do doutor García (2017). A quinta entrega da serie, La madre de Frankenstein (2020), está ambientada nos anos 50.

En outubro de 2018 gañou o Premio Nacional de Narrativa.

Curiosamente morreu o mesmo día que outra das nosas escritoras máis afamadas: Gloria Fuertes, unha no 1998 e a outra neste 2021, dúas mulleres grandes e fortes....

Almudena Grandes escribiu : "Sin embargo, con el tiempo comprendí que la alegría era un arma superior al odio, las sonrisas más útiles , más feroces que los gestos de rabia y desaliento".

( Las tres bodas de Manolita)

D.E.P



xoves, 25 de novembro de 2021

25 de novembro


O 25 de novembro celébrase anualmente o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

 Defínese a violencia de xénero como aquela que, “como manifestación da Discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres son exercidas sobre elas por aqueles que sexan ou foron os seus cónxuxes ou por aqueles que estean ou estiveron vinculados a eles por relacións afectivas análogas, aínda sen convivencia", e inclúe calquera acto de desigualdade. violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade". 

Na clase de 6º D estivemos a traballar estas dúas últimas semanas nun taller  organizado polo Concello ,chamado "COMPIGUAL"  cuxo obxectivo é difundir e fomentar entre a infancia, a adolescencia e a mocidade escolarizada nos centros de ensino composteláns os valores positivos da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero.

O programa responde á necesidade de fomentar a educación en igualdade desde as idades máis temperás e desde a perspectiva de recoñecemento das diversidades.

Faremos outra entrada no blogue de dita actividade máis adiante.

A partires dese obradoiro, comezamos a buscar lemas para utilizar no día 25 , e despois fixemos unha montaxe de fotos que nos quedou ben chulo.





https://youtu.be/xGfbfukey94


CURSO 2021-2022