Remata un curso diferente a todos os que tivemos ata agora, temos que recordar as cousas boas que pasamos, tamén do confinamento lembraremos todas esas horas que pasamos en familia traballando e facendo xogos, manualidades, falando...recuperando todo ese tempo que cando temos cole non podemos ter.
Nun ratiño, os que poidamos ímonos despedir na última videoconferencia do curso, pero non imos poder estar toda a clase, non por iso, imos a esquecernos dos que non estaredes.
Ainara manda un bico fortísimo para todos.
Teño que darvos as grazas a todos vós e as vosas familias tamén polo gran esforzo que fixéchedes, e por todo o que me axudástedes nesta labor de profe on line, que foi moi nova para mín.
Noraboa e grazas a todos!!
Agora no verán ides a levar tarefas, quizáis as máis importantes do curso:
-Rir, non vos olvidedes de rir, pero rir moito..cos amigos, coas familias, e as veces de nós mesmos tamén..
-Xogar: coas pelotas, coas bicis, con raquetas ( eu practicarei ..xa veredes, na volta do verán darei 100 toques ), con area, con todo o que atopedes ..
-Ir a praia.
-Viaxar, non sei si este ano poderase moito, pero os que vaiades a algún sitio, nos vos esquecedes de mandar postal.
-Falar: falar moito, cos amigos, cos papás e mamás, cos irmáns...pero falar de temas interesantes e non discutir nin berrar.
-Ler, xa sabedes, ler axuda a perder o medo e coa lectura pódese ir a calquera sitio. Todos os días debedes ler un pouquiño.
-Apagar pantallas e ordenadores, estes últimos meses xa estivo ben de mirar pantallas, imos descansar a vista...miraremos o ceo, o mar, o monte...
-Disfrutar dos avós e dos maiores aos que queremos tanto, e que estes meses non poidemos disfrutar.
-Debuxar:cando estedes aburridos, collede un folio e unhas pinturas, mirade o que tendes preto e debuxadeo, veredes que cousas bonitas vos saen.
-Axudar na casa: facer as tareas da casa axeitadas a nosa idade, colaborar en todo o que poidamos, mantendo todo ordenado, poñendo mesa, facendo camas, axudando a cociñar...
-Seguro que hai moitísimas máis cousas que podedes facer, ata tarefas escolares tamén!! escribir, dividir, facer problemas de repaso....
-Pero a máis importante:
DESCANSAR !!
Collede forzas para volver en setembro mellor que nunca!
O próximo curso vai ser XENIAL !
Quérovos !