martes, 30 de outubro de 2018

Parabéns Maruxa e Anxo!

O venres celebramos os cumpreanos de Maruxa e de Anxo, tamén o de Nurassyl, un rapaz de quinto que sabe moitos proverbios orientais e as veces ven a nosa clase a darnos bos consellos.








Maruxa a nosa chica mais alegre e reinvindicativa, sempre loitando polos seus dereitos e polos das mulleres en xeral, que ademais viña contentísima co seu agasallo de aniversario: uns zocos de cor vermello que son unha chulada!!!


E Anxo, sempre pensando nos demais e sobre todo nos que teñen algunha dificultade, para poder darlle a súa axuda.
De agasallos imos poñer as súas cancións favoritas, a de Maruxa é unha do cantante George Ezra e a de Anxo é "Qé bonito", cantada por un neno que se chama Adrián que padece autismo, un rapaz que ten detrás unha historia preciosa.
A canción que máis lle gusta a Nurassyl é Happier de Marshmello.





 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario