La Federación de Comercio de A Coruña convoca el concurso Os pequenos co pequeno comercio, dirigido a niños de quinto y sexto de Primaria, que deberán presentar una redacción sobre lo que supone para ellos el comercio de su barrio.
Igual que o ano pasado, participamos e gañamos seis premios, dous en cada clase de sexto.
Da nosa clase gañaron Paula e Claudia cos seguintes relatos:
Brazalete
Brazalete é unha tenda de complementos aberta
dende o ano 1989, na rúa Laverde Ruiz, esquina coa rúa do Hórreo, fronte ao
Hotel Gelmirez.
Esta tenda foi a primeira en Santiago de
Compostela na que vendían bolsos, colares, pulseiras e cinturóns un pouco máis
modernos ca nas noutras tendas. Co tempo, foi engadindo un pouco de roupa de
marcas como Riversai, Laga, Fransa…
A dona do comercio, Mari Carmen, ten moitas
anécdotas interesantes que ocorreron ao longo destes anos. A que mais me gustou
foi, na que o actor Juan Echanove e o presentador Wyoming foron a Brazalete a
mirar complementos para unha película que grabaron xuntos en Santiago alá polo ano 1993 “Historias de la puta mili”, e que
logo mandaron a xente do equipo de grabación a mercar moitísimos complementos
para a película. O canta-autor español Amancio Prada tamén foi un día pola
tenda a mercar un gorro de auga para a súa parella.
Paula.
A Casa da
Taberna
A Casa da
Taberna era unha das dúas principais tendas que había na aldea da
Susana , na parroquia de Marrozos, no concello de Santiago, que é
onde vivo eu. A outra tenda que había chamábase a do Seño José,
“O Pito”, ou a da “Señora Helena”.
A Casa da
Taberna, como di o nome, era unha taberna e tamén un pequeno
ultramariños. A maiores diso era un punto de reunión das mulleres e
homes da aldea. Estaba situada nun lugar moi importante, o cruce da
Susana, que é por onde pasa a estrada nacional 525 e se desvía
outra estrada cara Ponte Ledesma.
Hai corenta
anos tiña moita vida , pero lamentablemente hoxe en dia esta
pechada. Fai poucos anos puxeron unha parrillada pero non tardou
moito en pechar. É unha pena que unha casa como esta estea
abandonada.
A taberna tiña
un mostrador moi grande e había un sitio onde tiñan unhas pipas
enormes, xa que vendían viño a granel. O nome da casa era a de
Manuel Pequeno e máis a de Doña Celia, que de pequena non tiña
nada. Era unha muller moi grande.
A Señora
Celia ou Doñna Celia andaba sempre vestida de negro, con gafas
redondas grandes e cun moño. Parecía unha muller moi mala, pero
sempre lle regalaba algún caramelo ás nenas e nenos.
Aquela tenda
tiña todo o necesario que se presisaba nunha casa. Habia unhas
estanterías moi altas con comidas, bebidas, e uns botes de cristal
que tiñan chupas e caramelos.
Nesta casa
mentras que as mulleres facían a compra os homes tomaban viño.
Contáronme
que a metade da aldea tiña a mesma vaixela por unha promoción que
houbera cando viñera o deterxente en pó, xa que daquela non o
había. A miña aboa tiña esa vaixela.
Non era un
pequeno comercio de cidade pero era moi importante para a vida da
aldea. Desgraciadamente as pequenas tendas da aldea foron pechando e
agora para comprar calquera cousa, por pequena que sexa, temos que ir
a Santiago.
A min
gustariame que seguirá existindo porque, polo que me contou meu pai,
debía ser un sitio que lle daba moita vida a aldea.
Claudia
de la Fuente Fernández
6º
A CEIP Lamas de Abade. Santiago de Compostela
Saímos na prensa en distintos xornais, ahí van os enlaces:
Noraboa a todas as gañadoras!!!
E, como temos de trato na clase dos superdezanove, cada vez que un de nos gaña un concurso, Claudia e Paula invitáronnos a unhas chuches ao resto!!!
O resto dos traballos tamén estaban xenial!! e xa sabedes, o importante é participar!!