mércores, 6 de decembro de 2017

Día da Discapacidade

No cole andamos estes días a concienciarnos dos problemas que teñen no seu día a día as persoas con discapacidade.
Despois de pasear por todo o colexio fixándonos nas cousas que necesitaríamos para que o CEIP Lamas de Abade sexa un colexio adaptado ás persoas con discapacidade , escribímoslle un correo electrónico ao noso Director que é o seguinte:

Estimado Sr Director:
Con motivo da conmemoración do Día da Discapacidade, os alumnos e alumnas de 5º A, estivemos a observar o noso cole, notamos bastantes deficiencias en canto á adaptación para as persoas con discapacidade.
Escribímoslle este correo para darlle a coñecer as cousas que nós pensamos que se poden mellorar, xa sabemos que moitas delas non dependen de vostede, pero si pode poñelas en coñecemento das autoridades pertinentes.
A primeira necesidade, é a máis importante e que solicitamos a instalación dun ascensor, xa que si ven ao cole algún alumno ou profesor que necesite cadeira de rodas ou muletas, non pode subir as aulas.
Pedimos máis profesores de apoio.
Adaptación dos baños para persoas con discapacidade, un en cada planta.
Prazas de aparcamento de minusválidos fora do colexio.
Queremos rampas para os accesos ao cole, igual que sendeiros polo patio, xa que si ven alguén en cadeira de rodas non pode nin subir as pistas nin ir ao patio de infantil.
Sinais luminosas nas aulas, para que cando toque o timbre os xordos podan saber a hora que é.
Igual que hai pictogramas nas portas, tamén queremos letreiros en Braille.
Buses adaptados.
Materiais deportivos adaptados aos nenos cegos, por exemplo balóns con cascabeis.
Nas horas de libre disposición unha asignatura de lingua de signos.
Gustaríanos que cando houbera algunha festa con xantar se tiveran en conta as alerxias alimentarias.
Os colgadores da roupa nos armarios da clase están colocados moi altos, e teñen un escalón, si ven alguén que non se poida levantar non os podería utilizar.
E a última e máis importante é que  colaboremos para facer do noso cole un lugar moito mellor para todos!
Un saúdo:

Carla Barros, Maruxa, Brais, Xaquín, Mauro Lino, Paula, Uxía, Claudia, Sergio, Nora, Anxo , Hugo, Nicolás, Carla Munín, Ania, Amil, Sara Rita, Irea e Almudena.


Ademais nosa profe tivo unha idea, que foi aprender unha canción que nos gusta a todos ( da súa época) , aprendemos un baile e o estribillo aprendémolo en lingua de signos.
A parte da canción en lingua de signos veu a profe Desireé a ensinárnola, moitas grazas Desi!!



Tamén grabamos un video que resultou bastante gracioso...






2 comentarios: