Ata sempre!!!!
superdezaoito
6º D, de E.P, C.E.I.P. Lamas de Abade. Santiago de Compostela
martes, 15 de febreiro de 2022
ATA LOGO JORDAN!!
Ata sempre!!!!
luns, 31 de xaneiro de 2022
Día da Paz
O 30 de xaneiro celébrase dende 1964 o Día Escolar da Non Violencia e a Paz . A data é unha homenaxe a Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica, que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.
O obxectivo desta xornada é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a harmonía, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Así, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de diferentes procedencias, razas, culturas e relixións.
Na nosa clase este ano celebrámolo de maneira especial: CANTANDO EN FRANCÉS!!!!
Quen no lo ía decir!!!
Grazas á Profe Isabel que nos ensinou esta fermosa canción!
martes, 21 de decembro de 2021
Entrevista de radio a Iván Sende
O día da visita de Iván Sende a 6º D, fixémoslle unha entrevista en Radio Lamas, que está colgada no blogue da radio no seguinte enlace:
https://enclavedelamas2020.blogspot.com/2021/12/ivan-sende.html
Escoitádea!!!!
venres, 10 de decembro de 2021
Enquisa
Estamos facendo unha enquisa para o plan dixital do centro necesitamos pinchar no seguinte enlace:
https://schools-go-digital.jrc.ec.europa.eu/self-assessment?s=1xrhnHf&lang=gl
Imos aló!!
sábado, 4 de decembro de 2021
Visita de Iván Sende.
Debuxando con Iván Sende!!!!!
Hoxe, 3 de decembro, recibimos a interesante visita do escritor e ilustrador Iván Sende que, como o mundo é tan pequeño, é o tío de Henar, compañeira e alumna de 6ºD.
A verdade é que disfrutamos un montón e aprendemos moitas cousas grazas o seu coñecemento e tamén a curiosidade dos nenos/as facendo preguntas moi interesantes.
A obra de Iván como ilustrador é moi extensa: Usha, Lía e as zapatillas de deporte, O monstro das palabras, Sira e o robot, A formiga destemida…Como autor destaca: Bea, Advaita, Estoy aquí: La vida de Ramana Maharshi, Carabranca…
Deunos moitos ánimos e pulos para empezar ou seguir debuxando sen complexos. Descubriunos a banda deseñada con interesantes suxerencias e mesmo tivemos un Obradoiro de debuxo con nocións básicas de bocetos e proporcións.
Iván foi un invitado de honor na Radio de Lamas e para rematar agasallounos cun exemplar da súa obra Carabranca.
Moitas grazas Iván!!!
Vémonos nas bibliotecas e librarías!!!!