martes, 15 de febreiro de 2022

ATA LOGO JORDAN!!

Dende principio de curso tivemos a gran sorte de ter un axudante de conversa na clase de inglés, foi Jordan.
Cada semana veu a nosa clase para falar....aprendemos moito con él , ademáis de coller moita soltura á hora de practicar co inglés.
Imos botalo moito de menos.
Daniella compuxo unha canción moi chula para adicarlle, é a qué segue.
https://youtube.com/shorts/ptYqQRMKA8g?feature=share


Ata sempre!!!!

luns, 31 de xaneiro de 2022

Día da Paz


O 30 de xaneiro celébrase dende 1964 o Día Escolar da Non Violencia e a Paz . A data é unha homenaxe a Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica, que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.


O obxectivo desta xornada é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a harmonía, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Así, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de diferentes procedencias, razas, culturas e relixións.

Na nosa clase este ano celebrámolo de maneira especial: CANTANDO EN FRANCÉS!!!!

Quen no lo ía decir!!! 





Grazas á Profe Isabel que nos ensinou esta fermosa canción!