luns, 29 de abril de 2019

Mulleres pintoras

Un día na clase xurdiu unha dúbida, hai mulleres pintoras famosas? Pois non coñecíamos ningunha, entón decidimos que íamos facer un proxecto sobre eso, cada un de nós ía buscar unha pintora e facer un traballo sobre ela.
Así que esta semana empezamos a expoñer esos traballos.
A primeira en expoñer foi Carla Barros que nos falou de Julia Minguillón,unha pintora luguesa que ten sobre todo un cadro moi coñecido e moi importante para a cultura galega:"A escola de Doloriñas", que aínda que pertence ao Museo do Prado, pódese mirar no Museo provincial de Lugo.



Carla pintou o que máis lle gustaba que foi nena con lazo branco.
Moi Ben!!!

venres, 12 de abril de 2019

RRR

Hoxe na Biblio tivemos unha actividade relacionada co Proxecto das tres RRR, reducir, reciclar e reutilizar.
Estivemos facendo un xogo de preguntas moi divertidas que nos mandaros desde Sogama.
Además así tivemos máis tempo na Biblio que nos gusta moito ir.