martes, 19 de xuño de 2018

Festival de fin de curso

Hoxe foi o festival de fin de curso de sexto, estivo xenial, houbo unha obra de teatro de Brancaneves e despois varios bailes moi chulos, os nosos compañeiros traballaron un montón e as profes non digamos...Noraboa para todos e todas!!!
Foi fantàstico!!!
O único que nos da  moita vágoa e despedirnos deles,pero van para o instituto e en poco tempo , tamén nos.
Ata pronto!!!

Parabéns Nora!!

Hoxe celebramos o último cumpleanos do curso, Foi o de Nora, cantamos e tomamos chuches, tamén foi o día do festival de sexto.
Parabéns Nora!!! Querémoste!!
Olvidei poñer a canción de Pentatonics que tanto te gusta, aí vai!!




venres, 15 de xuño de 2018

Recollida de alimentos

Hoxe rematou a campaña: " Un libro ,un alimento", as rapazas colaboradoras da biblioteca, fixeron posible esta recollida.
Axudaron todo o ano, pero estés días moitísimo máis.
Moitísimas grazas Chicas!! E grazas tamén a todos os que contribuistes traendo alimentos, enchemos unha furgoneta, todo un éxito.
Para o ano que ven, xa sabedes.....máis e mellor!!!!

luns, 11 de xuño de 2018

Parabéns Uxía!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Uxía, comemos chuches e cantamos o "Cumpreanos feliz".
Pásamolo xenial, feliz día Uxía!!!



Sempre poñemos de agasallo a nosa canción favorita, a de Uxía é : "O malo" 
Desexamos que te guste.