venres, 18 de maio de 2018

Unha escritora no cole.

Hoxe na Biblioteca tivemos unha actividade chulísima, dixéronnos que iba vir unha escritora famosa a darnos unha charla, pero descoñecíamos de quen se trataba.
Cando chegou a hora, resulta que a escritora famosa, era María, a profe de primero, e ninguén sabía nada.
Falounos de como escribe, como empezou a escribir e dounos consellos moi interesantes.

Grazas María!!!

martes, 15 de maio de 2018

A Excursión de fin de curso

Hoxe saímos de excursión todo o día, funmos a Fervenza Aventura, no concello de Silleda, saímos ás 9,30 e chegamos de volta case ás 7. Pasámolo xenial!!!
Viñeron con nós os outros quintos e tamén o cuarto da profe Fina.
Fixemos tres actividades , tamén nos dividiron en tres grupos, un era para o rocódromo e tirolina, outro Aula da Natureza e o terceiro unha ginkana no bosque, o que máis nos gustou xa o podedes imaxinar...
Imos poñer un vídeo feito a correr de resumo do día de hoxe, perdoade si non está moi ben.


PASÁMOLO XENIAL!!!

luns, 7 de maio de 2018

Parabéns Carla!!!!

Hoxe tivemos outro cumpre, tocoulle a Carla Munín, a nosa chica formal, a futura estrela do canto ...
Parabéns Carla, sempre voluntaria para todo, sempre de bo humor... segue así!!!
Carla trouxo unha bica feita por ela e unha tarta de gominolas , que estaba de chuparse os dedos, e para rematala Hugo trouxo uns caramelos que aínda que sabían ben, eran "asquerosos", acabamos todos coas linguas de cor azul.




E agora como agasallo a túa canción favorita, desexamos que te guste.




domingo, 6 de maio de 2018

Densidade

En naturais estivemos a estudar a densidade. Fixemos uns experimentos. trouxemos distintos materiais e calculamos, primeiro a súa masa e logo o volume que ocupan, despois aplicamos a formula e obtivemos a densidade.







Día do libro


A orixe do Día do Libro baséase na  conmemoración do falecemento de William Shakespeare, Miguel de Cervantes Saavedra e Garcilaso de la Vega en 1616.
Esta celebración foi creada con varios motivos: combater o analfabetismo, fomentar a cultura, render  homenaxe universal aos libros e autores, e simplemente alentar a todas as persoas a gozar do pracer da lectura.
Tanto a celebración como a súa data foron instituidas durante a Conferencia Xeral da UNESCO de 1995. A iniciativa para celebrar este día débese á Unión Internacional de Editores (asociación que representa a industria editorial a nivel internacional desde a súa fundación en 1896). Actualmente esta celebración é acollida por máis de 100 países ao redor do mundo.


O día do libro como todos os anos, saímos a ler ao patio , facía un día estupendo e o aproveitamos moi ben.






LETONIA

Aínda nos quedan alguns países de Europa por expoñer, entón, algúns nenos  voluntarios, prepararon as exposicións sobre eles, desta vez podía ser en grupo.
Os primeiros foron Uxía e Hugo que escolleron,  Letonia, trouxeron unha presentacion en power point completísima , fixeron unha estupenda exposición.






Moi ben chicos!!!!

Ledicia Costas

http://lediciacostas.com/es/sobre-mi/

Costas, Ledicia


Ledicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 2000), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato “Negrita” no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), en 2016 publiquei “Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015, en 2017 "A señorita Bubble" e "Os arquivos secretos de Escarlatina", en colaboración co ilustrador Víctor Rivas, en 2018 "As peripecias de Extravaganzza Pérez". Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.


O día 22 de marzo, visitounos no Cole, a nosa escritora favorita: Ledicia Costas.
Este é o video dese día.

Concurso "Doazón de órganos"


O día 30 de Maio celébrase o" Día da Doazón de Órganos", a Xunta convocou un concurso de carteis para conmemorar ese día, nós participamos, e temos moita ilusión en gañar xa que os premios son moi apetecibles....unhas tablets e unhas cámaras de fotos, a ver si temos sorte.
Se non gañamos, non pasa nada, aproveitamos para concienciarnos da importancia que ten doar órganos, e fixemos uns traballos moi chulos.
O resultado do concurso está a sair....crucemos os dedos!!!!







Parabéns Hugo!!!

Esta semana estivo de aniversario o noso Hugo, trouxo chuches para todos e celebrámolo súper ben.






A Hugo gústanlle moitísimo as cancións de Bad Bunny, imos poñer un video coa letra dunha das súas cancións.


Desexamos disfrutes da canción.