xoves, 16 de novembro de 2017

Magosto

Como todos os anos en Lamas celebramos o Magosto, é un día de festa, comemos castañas e xogamos a xogos tradicionais. Pasámolo xenial!!!!


"Soños de Nenos"

A mamá dunha compañeira de 5ºC, ven de publicar un libro de poemas para nenos precioso.




 Vaino presentar na Cidade da Cultura e dúas nenas da nosa clase van ler nese acto dous poemas, como todos non podemos ir a escoitalas , van ler os poemas tamén para nós,


Día das Bibliotecas escolares


O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que aAsociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial.
O departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación e O.U, pola súa parte, vén publicando desde 2008 uns carteis que pretenden facer visibles as distintas oportunidades e posibilidades da biblioteca escolar, porque o Día 24 de outubro é tamén o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, por ser esta unha biblioteca esencial xa que por ela pasa toda a poboación escolar dun país. Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa. 


No noso cole, Abadiño propúxonos realizar un pequeno traballo , colocar un cartel nas escaleiras do primeiro andar con algún lema que faga referencia ao que nos inspira a lectura, nós fixemos un coas 18 razóns polas que nos gusta ler, este foi o resultado:

As outras clases tamén traballaron



As nosas razóns polas que nos gusta ler son:






mércores, 1 de novembro de 2017

Día dos Mortos 2017


Onte tivemos un día moi intenso, estivemos a celebrar "a nosa maneira" o día dos mortos, como xa sabedes comezamos estudando a fabulosa pintora Frida Kalho e ao seu home e tamén artista Diego Rivera, seguimos na forma en que se celebra en México o noso día de Samaín, alí chámanlle " Día de Mortos", son dous días moi alegres, onde se festexa a volta das persoas queridas xa mortas, para iso se lles fan uns altares onde se lles deixa todo aquilo que lles gustaba...
Na clase fixemos traballos sobre aqueles mortos "ilustres" que queremos que nos fagan unha visita aínda que sexa en forma de espíritos:
Angel Nieto,Rosalía de Castro, Marilyn Monroe, Michael Jackson, Picasso, Miguel Ángel, Johan Cruiff, Lady Di, Bob Marley, Fredy Mercury....
Adornamos a clase, está chulísima , e viñeron nenos de infantil coas súas profes de visita, nós fixemos quendas para explicarlles que era todo aquilo que tiñamos.
No vídeo vai un resumo do día.