domingo, 29 de outubro de 2017

Parabéns Anxo!!!!

Seguimos cos "cumples", esta semana imos de festa en festa...



E para celebralo imos escoitar unha música que lle gusta moito a Anxo

xoves, 26 de outubro de 2017

Concurso pequeno comercio

Algúns nenos da clase fixeron un traballo sobre o importante que é para todos nós o pequeno comercio, tivemos que facelo cos nosos pais e nais xa que nas bases do concurso pedían a autorización dos nosos pais, escribímolo e mandámolo por intertet.
Houbo taballos preciosos, pero non había premios para todos.
Unha das nosas compañeiras gañou un premio de 100 euros para gastar nos pequenos comercios da Coruña.

NORABOA CARLA BARROS !!!
Éste foi o seu traballo:

O COMERCIO

Eu vivo en Lestedo unha vila pequena que non ten grandes comercios, só tendas pequenas .
Para min son moi importantes os comercios pequenos, porque cando precisas algo podes ir mercarlo sin ter que coller o coche, o trato cos donos das tendas é moi cercano.
As veces estamos na casa e decatámonos que nos falta algo, e imos a tenda dando un paseo.
Temos varios ultramarinos, tamén unha mercería,unha libraría, unha farmacia e unha ferretería.
Eu vou falar dun ultramarinos, o de CARMIÑA.
Carmiña ten de todo:froita, pan, golosinas, productos de limpieza e ata medias e calcetíns.
Carmiña abre todos os días do ano menos Nadal e Ano Novo .O domingo so abre polas mañas , porque tamén precisa descansar.
No fin de semana imos buscalo pan fresquiño, para almorzar.
Gústame a de Carmiña porque cando vou alí a comprar algo sempre me da algunha golosina, ademais cando algún día pola noite precisas algo, chámala por teléfono e ela ábreche a tenda.
Carmiña vende moitas cousas da xente da zona: patacas, froita..... tamén ten a vender postres que fai ela.
A tenda é moi pequena, está todo moi amontoado pero moi colocadiño.....se eu non atopo algo, ela sempre sabe onde está.
Fai uns anos abriron un supermercado, todo o mundo pensaba, que Carmiña ía ter que pechar, os primeiros meses notou a competencia, pero o pouco tempo xa vendía coma antes.
As veces, como o comercio é tan pequeno a cola sae pola beirarrua.
Ter un pequeno comercio é moi sacrificado, a mesma persoa pasa moitas horas traballando, pero Carmiña sempre ten un sonrriso para te atender. Coñece a todos os clientes, si un día, tes que mercar algo, e non levas cartos!, Carmiña apuntao nunha libretiña, e podes pasar a pagar outro día.

Espero que estea aberta moitos anos máis, encántame ir esa tendiña, tan chusca.




 Foto da entrega de Premios, hai máis nenos do cole tamén gañadores.


Aquí Carla está a contarnos como pasou o día na Coruña.
E mira por onde, Carmiña vaise facer famosa !!!

PARABÉNS MARUXA!!

Hoxe celebramos o cumpreanos de Maruxa,cantamos e comemos chuches....pasámolo xenial!!





Imos agasallarte cunha das túas cancións favoritas


martes, 24 de outubro de 2017

SLIME

Un día falamos na clase de "Slime", a Profe non sabía que era esa cousa, algúns de nos buscamos en internet receitas , convencimos a Almudena para facelo e puxémonos dacordo para levar todos os ingredientes que nos facían falta.
Tiñamos varias receitas, con e sen bórax, fixemos varios grupos e cada un experimentou unha das receitas.
Usamos purpurinas, palliñas,tintes alimenticios de cores, boliñas de porexpán...

O resultado....bueno.... mellor será que o vexamos!!!









O peor de todo foi como quedou a clase!!






sábado, 21 de outubro de 2017

Frida Kalho

A nosa profe gústalle moito a arte e sobre todo a pintura, díxonos que nos vai  falar de moitos pintores ao longo do curso; como vai vir o Samaín, que é como se festexa o día dos mortos en Galicia, falounos do Día dos Mortos en México, que é unha festa que se celebra nese país os días 1 e 2 de novembro , as  almas dos finados volven para pasar eses días coas súas familias e amigos, entón prepáraselles uns altares donde se lles deixan as cousas que a eles lles gustaban en vida.
Aproveitando esta festa, coñecimos aos pintores máis importantes de México, que son Frida Kalho e o seu home Diego Rivera.


Durante este mes imos facer moitos traballos sobre este tema, que xa os iremos mostrando.





Para empezar tamén aprendemos unha canción.





venres, 20 de outubro de 2017

VISITA DA POLICIA NACIONAL

O día 19 chegou de sorpresa a nosa clase Pepe , o Director, acompañado dunha Policia que se chama Raquel para darnos unha charla sobre o acoso escolar e sobre os perigos das redes sociais.
Púxonos uns videos que nos impactaron moito, sobre todo un dun rapaz que lle pegaba a outro e os compañeiros non facían nada.
Falounos das redes sociais, de que somos ainda moi novos para utilizalas e que temos que ter moito coidado co seu uso.
Tomamos conciencia de que temos que tratar aos compañeiros como nos gustaría que nos tratasen a nós, e que eso chámase "empatía": poñerse no lugar do outro.

Grazas Raquel!!!


SISTEMA SOLAR

O primeiro tema de Sociais trata do sistema solar , universo e planetas, nós xa sabiamos moitas cousas doutros anos pero ainda así tivemos que estudar bastante .
Algúns dos nenos da clase fixeron nas súas casas traballos que nos axudaron moito para completar o tema.
Quedaron chulísimos!!! Grazas tamén aos axudantes...









xoves, 19 de outubro de 2017

TALLER DE NÓS

MIGUEL,o Papá de Nora ofrecéuse para ensinarnos a facer cousas con cordas, facendo nós,tivo moitísima paciencia porque emociónamonos moito; fixemos uns portachaves chulísimos, pasámolo fenomenal.
Grazas por vir!!!









luns, 16 de outubro de 2017

Plástica

Os venres xusto antes do recreo temos clase de plástica, e despois dos ordenadores é o que máis nos gusta, e a nosa profe tamén, así que este curso imos a facer traballos moi chulos.
Para o primeiro día pintamos uns murais, primeiro trazamos liñas sen mirar e despois coloreamos con témperas os espazos que quedaron entre as liñas.





Menudos artistas!!

Primeiro día de clase

Por fin remataron as vacacións e volvemos á escola, este ano hai tres aulas de 5º curso, así que a moitos nos separaron dos nosos amigos,subimos de piso e ademáis tamén cambiamos de profes.
Tivemos moitos nervios, a profe nova explicounos as normas da clase e fixemos algunha actividade entretida, pero o que máis nos gustou a todos e que temos....ORDENADORES!!!!







Non estivo mal para ser o primeiro día!!!

luns, 9 de outubro de 2017

Novo camiño

Este blogue nace no mes de outubro de 2017 , co fin de dar a coñecer as actividades que imos a facer na clase de 5º A do C.E.I.P .Lamas de Abade de Santiago durante este curso.
Somos dezaoito, dezaoito magníficos, dezaoito nenos e nenas divertidos, traballadores e boas persoas.
Pouco a pouco iredes coñecéndonos, intentaremos ir colgando as cousas que imos facendo na aula, que non son poucas.
Esperamos que nos acompañedes nesta nova aventura.